Novembro de 2011
 
 

07/11/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

O paro crece un 380% nos servizos sociais

O paro incrementouse un 380% interanual en outubro en servizos sociais, un 40% en sanidade e un 20% en residencias para persoas dependentes en Galicia, fronte ao aumento do 3,96% do indicador xeral coñecido este xoves. Así se reflicte en datos do Ministerio de Traballo.

 

  • Noticias relacionadas

O paro incrementouse un 380% interanual en outubro en servizos sociais, un 40% en sanidade e un 20% en residencias para persoas dependentes en Galicia, fronte ao aumento do 3,96% do indicador xeral coñecido este xoves. Así se reflicte en datos do Ministerio de Traballo aos que tivo acceso Europa Press.
 
No estado, o desemprego creceu un 27% en outubro nas ramas nas que se están realizando recortes, especialmente desde as comunidades autónomas e os concellos, fronte ao incremento do 3,17% do indicador xeral de paro rexistrado, sinala o ministerio.
 
Estas ramas de actividade non son outras que administracións públicas, a sanidade e os servizos sociais, que en datos absolutos acumulan 24.535 parados --fronte aos 19.292 desempregados do mesmo mes de outubro de 2010-- do total de 134.182 novos desempregados do mes de outubro.
 
Concretamente, o paro nas administracións públicas subiu un 47%; en Sanidade, máis dun 15%, nas residencias para a atención de dependentes, un 14%; e nos servizos sociais sen aloxamento dobrouse, cun incremento dun 101,41%.
 
En rolda de prensa para valorar os datos do paro, o ministro de Traballo, Valeriano Gómez, deixou claro que "as comunidades autónomas non son as únicas responsables do crecemento do desemprego", pero que os recortes están supondo unha "novidade" nos últimos meses.
 
Así mesmo, os datos recolleitos mostran que os recortes están sendo especialmente intensos nalgunhas comunidades autónomas. Por exemplo, no ámbito dos servizos sociais, o paro disparouse un 1.933% en Asturias, un 633% na Comunidade de Madrid, un 380% en Galicia, un 360% na Rioxa, un 287% en Baleares, un 232% en Cataluña, un 182% en Castela-A Mancha, un 33% en Canarias e case un 20% na Comunidade Valenciana.
 
No caso das administracións públicas, o paro incrementouse un 285% na Comunidade de Madrid, un 263% en Cataluña, un 54% en Cantabria, un 42% en Aragón, máis dun 41% en Castela-A Mancha, un 39% en Baleares, un 28% en Murcia e un 17% en Estremadura.
 
No ámbito da sanidade foi do 181% en Asturias, do 56% en Cantabria, do 53% en Navarra, do 40% en Galicia e Baleares, do 25% en Andalucía, do 12% en Aragón, do 9% en Cataluña, do 8% en Castela e León, do 7% na Rioxa, do 6% na Comunidade Valenciana e do 3% na Comunidade de Madrid.
 
Para rematar, en canto ao emprego vinculado ás residencias para dependentes, atópanse incrementos do paro do 62% na Rioxa, do 46% en Cataluña, do 40% en Estremadura, do 31% en Murcia, do 20% en Galicia, do 14% en Castela-A Mancha e do 18% na Comunidade de Madrid.
 
Recortes nas actividades relacionadas co emprego
 
Ademais, os datos que manexa o Ministerio de Traballo apuntan a un incremento interanual do emprego relacionado con programas de emprego do 244% en outubro, ata 4.267 parados.
 
Neste caso, algúns dos datos apuntan a un incremento do paro nesta rama en Castela e León (1.000%), Castela-A Mancha (400%), A Rioxa (372%), Asturias (329%), Cataluña e Comunidade de Madrid (300%), Asturias (329%), Aragón (117%), Cantabria (70%) e Murcia (65%).
 
Non cae na educación
 
Doutra banda, a educación recuperou emprego no mes de outubro, ata 80.000 persoas, logo da perda rexistrada en setembro. Iso débese, segundo indicou en rolda de prensa o secretario de Estado de Seguridade Social, a que os colexios contrataron "o menos posible" no mes de setembro e incorporaron a este persoal con certo "atraso" ao mes seguinte.
 
Así que Traballo indica que entre 10.000 e 15.000 prazas de ensino primario e secundaria cubríronse con este atraso, o que permitiu unha rebaixa do paro nesta rama de actividade, este descenso foi inferior nunhas 2.000 persoas respecto da caída do pasado ano.
 
Os datos son significativos, o desmantelamento paulatino da administración pública e, máis en concreto da atención aos máis desfavorecidos, avanza sen que a resposta este acorde coa magnitude do retroceso en dereitos que vai emparellada á falta de efectivos na prestación do servizo. Educación e sanidade xa fixeron mobilizacións, falta agora afondar nesas dinámicas e aglutinar a toda a administración pública nesas mobilizacións. Defender o público é unha obriga, queren acabar con dereitos fundamentais.

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript