Novembro de 2011
 
 

07/11/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

A Seguridade Social perde 75.249 afiliados en outubro

A afiliación á Seguridade Social volveu baixar en outubro por terceiro mes consecutivo e rexistrou unha caída de 75.249 afiliados, ata os 17.360.313 ocupados, o 1,73 % menos respecto ao mesmo mes de 2010, segundo os datos difundidos este xoves polo Ministerio de Traballo e Inmigración.

 

  • Noticias relacionadas

A afiliación á Seguridade Social volveu baixar en outubro por terceiro mes consecutivo e rexistrou unha caída de 75.249 afiliados, ata os 17.360.313 ocupados, o 1,73 % menos respecto ao mesmo mes de 2010, segundo os datos difundidos este xoves polo Ministerio de Traballo e Inmigración.
 
O número de inscritos baixou en todos os sectores menos na Educación e descendeu especialmente nas actividades sanitarias e servizos sociais e na hostalería, á vez que baixou en menor medida nas actividades administrativas e servizos auxiliares, na construción e no comercio e na industria manufactureira.
 
O réxime xeral, ao que están inscritos a maioría dos traballadores por conta allea, rexistrou un descenso de 74.813 afiliados e contabilizou unha media de 13.088.041.
 
A caída da afiliación á Seguridade Social sumou en outubro tres descensos consecutivos xa que en setembro baixou en 64.956 persoas e en agosto esborrallouse tras rexistrar un descenso de 136.834 afiliados menos.
 
Por sectores, as actividades sanitarias e servizos sociais perderon 47.633 afiliados, a hostalería 42.085, as actividades administrativas e servizos auxiliares 21.941, mentres que a construción baixou en 13.852 afiliados, o comercio en 13.180 e a industria manufactureira en 11.224.
 
En sentido contrario, a afiliación á Seguridade Social subiu na Educación e sumou 80.586 afiliados novos.
 
Por outra banda, o Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) tivo un retroceso de 30.631 ocupados, o que supón un descenso interanual do 0,98 % e situouse nunha media de 3.086.837 traballadores.
 
Os restantes réximes (mar, agrario, carbón e fogar) diminuíron en 7.681 afiliados no último ano.
 
A afiliación dos homes, que representou o 54,42 % do total e sumou 9.446.634 ocupados, baixou o 2,88 % respecto ao mesmo mes de 2010, mentres que a das mulleres, que supuxo o 45,58 % do total e alcanzou as 7.913.678 inscricións, descendeu lixeiramente o 0,33 %.
 
O número de estranxeiros afiliados tamén caeu en 31.300 persoas, ata 1.785.362 traballadores.
 
A afiliación en outubro reduciuse en todas as comunidades autónomas excepto na Rioxa (subiu o 0,64 %), na comunidade valenciana (aumentou o 0,59 %), en Madrid (incremento do 0,24 %), en Murcia (o 0,06 % máis) e en Melilla e Ceuta, con subidas do 0,69 % e o 0,09 %, respectivamente.
 
As maiores caídas da afiliación no último ano rexistráronse en Castela A Mancha, cun descenso do 5,11 %, en Galicia, onde baixou o 2,92 %, e en Murcia, onde a afiliación descendeu o 2,56 %.

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript