Novembro de 2011
 
 

07/11/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

O PP asegura que privatizará "algúns" servizos sociais e de sanidade

No Partido Popular empezan a concretar os seus plans de Goberno, seguros como están de poder gañar as próximas eleccións xerais a tenor da súa vantaxe nas enquisas.

 

  • Noticias relacionadas

Das últimas declaracións públicas do líder do  PP,  Mariano Rajoy, -o martes pasado  nun foro empresarial en Santander e o pasado fin de semana no  País- despréndese un  eixo fundamental do seu plan de Goberno: a redución do gasto público  mediante "liberalizacións"  , e un modelo de política: o inspirado nas políticas do británico  David Cameron.
 
O pasado 26 de outubro, Mariano Rajoy reuniuse con empresarios cántabros en Santander. Alí anunciaba xa a súa intención  “que se privaticen ou se liberalicen portos, aeroportos, transportes ferroviarios, correos” e que se recorte o Estado das autonomías.
 
Privatizacións
 
“Temos unha Administración excesiva na que se solapan os ámbitos de decisión.  Non pode haber tres portas para trámites similares  porque aumenta a inseguridade xurídica e, ademais, é antieconómico. É imprescindible que afrontemos unha actualización do noso Estado das Autonomías, que aproveite as súas bondades, pero que ao mesmo tempo o faga viable e sustentable”, dixo Rajoy.
 
Algúns dos seus valedores no PP como Cristóbal Montoro aliñáronse este martes co seu líder, informando da súa intención de acometer  privatizacións tamén en servizos sociais  cando o PP goberne. Concretamente Montoro cita a sanidade, educación e a dependencia.
 
O presidente do  PP,  Mariano Rajoy, anunciou tamén que non se compromete a manter a lei do  matrimonio homosexual  aínda que a avale o Tribunal Constitucional e explica que, aínda que escoitará ao Tribunal e á xente, non lle gusta "o do  matrimonio" e cre que "non é constitucional". Rajoy tamén se referiu á lei do aborto, recorrida polos populares ante o Constitucional xunto á do matrimonio homosexual, e subliñou o seu "absoluto desacordo  con dúas cousas: primeiro, que unha nena de 16 anos poida abortar sen o coñecemento dos seus pais; e segundo, como trata o dereito á vida". E iso a pesar de que a nova lei do aborto foi modificada para que os pais tivesen información da interrupción voluntaria, coa soa excepción de se concorría un grave conflito intrafamiliar.

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript