Novembro de 2011
 
 

07/11/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Os ingresos do 1 % máis rico de Estados Unidos triplicáronse nas ultimas tres décadas

O reporte da Oficina de Orzamento do Congreso sinala que, mentres para os que están no tope os ingresos aumentan de maneira colosal, no período que se considera, 1979-2007 (previo á crise financeira), para os de clase media ou baixa mantivéronse estancados, cando máis.

 

  • Noticias relacionadas

Nas últimas tres décadas os ingresos dos máis ricos de Estados Unidos (o 1 % da poboación) case se triplicaron, posto que se incrementaron nun 275 %, mentres para a clase media o aumento foi menos do 40 % no mesmo lapso, revelou un informe da Oficina de Orzamento do Congreso (CBO, polas súas siglas en inglés), que deu a coñecer The Wall Street Journal.
 
O reporte sinala que, mentres para os que están no tope os ingresos aumentan de xeito colosal, no período que se considerou, 1979-2007 (previo á crise financeira), para os de clase media ou baixa mantivéronse estancados, cando máis.
 
Como conclusión, o estudo da CBO atopou que as catro quintas partes dos asalariados do país (o 80 % da poboación) viron reducir a súa participación no total dos ingresos nacionais entre un 2 % e un 3 % ?dependendo do espectro no que se atopan, mentres que a quinta parte máis alta (o restante 20 % máis rico) viu mellorar a súa participación nos ingresos nacionais nun 10 %, en especial, grazas ás altas ganancias do tope do 1 % máis rico.
 
Os datos do estudo tamén engaden que as políticas gobernamentais fixeron pouco para redistribuír a riqueza, iso explica a orixe do movemento Occupy Wall Street, cuxo obxectivo, segundo dixeron os seus organizadores, é chamar a atención da opinión pública á crecente brecha económica, mentres a policía responde incrementando a violencia contra as manifestacións que se estenderon por todo o país.

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript