Até agora o procedemento habitual nas campañas electorais era que os candidatos se presentasen ás centrais sindicais, expuxesen os seus programas e que as centrais sindicais se pronunciasen sobre os proxectos e apoiasen a un ou outro candidato.
Como aspecto novidoso propuxemos que, no canto de realizarse este proceso do xeito habitual, a rolda incluíse, tamén, os órganos de representación dos diferentes colectivos.
No Partido Popular empezan a concretar os seus plans de Goberno, seguros como están de poder gañar as próximas eleccións xerais a tenor da súa vantaxe nas enquisas.
A afiliación á Seguridade Social volveu baixar en outubro por terceiro mes consecutivo e rexistrou unha caída de 75.249 afiliados, ata os 17.360.313 ocupados, o 1,73 % menos respecto ao mesmo mes de 2010, segundo os datos difundidos este xoves polo Ministerio de Traballo e Inmigración.
O paro incrementouse un 380% interanual en outubro en servizos sociais, un 40% en sanidade e un 20% en residencias para persoas dependentes en Galicia, fronte ao aumento do 3,96% do indicador xeral coñecido este xoves. Así se reflicte en datos do Ministerio de Traballo.
Segundo os seus autores, o propósito do libro é desmontar a falsidade, difundida ata a saciedade por responsables políticos, por medios de comunicación e por pretendidos economistas de prestixio, de que non hai alternativas á crise financeira e económica actual, salvo as medidas neoliberais de recortes sociais de gasto público
A avaricia do sistema financeiro, causante da crise económica que se carga desde estes mesmos poderes sobre os lombos da clase traballadora non ten límite.
Esa avaricia que levou á quebra a milleiros de empresas e con elas a millóns de traballadores/as ás ringleiras do paro e que xeneralizou a precariedade nas relacións laborais, aos que a causaron non lles afectou o máis mínimo.
Despois das reiteradas afirmacións sinalando que os banca estaba saneada, despois da multimillonaria inxección de diñeiro público, agora enterámonos de que todo era falso. A exposición problemática dos bancos e caixas de aforros vinculada á actividade de promoción inmobiliaria ascende a 176.000 millóns de euros, segundo figura no Informe de Estabilidade Financeira do Banco de España.
Os medios de comunicación afirman que o anuncio de que o goberno grego podería convocar un referendo para decidir se Grecia aproba o segundo plan de “axuda” fixo caer as bolsas e que constitúe unha ameaza para a estabilidade da economía europea. O primeiro que sorprende é que se lle teña medo a que o pobo decida se quere ou non unha “axuda” cando se atopa nunha situación tan difícil.
Na web www.docuindignados.com están os links de acceso a quen persoalmente queiran ver o filme, xa sexa en streaming ou ben sexa descargándoo. Só teredes que acceder a el e visionalo.
O sector das Artes Escénicas está a levar a cabo unha serie de mobilizacións en resposta ao desmantelamento cultural que está a padecer o país, por inacción dos seus responsabeis políticos: a AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), a Consellería de Cultura e Xunta de Galicia.
Desde logo, as eleccións do 20-N van ser as eleccións da ilusión: a ilusión de gañar a porra que todos estamos facendo con compañeiros de traballo, amigos e familiares sobre o resultado das urnas, pois a falta de maiores alicientes, polo menos podemos gañarnos unhas cañas.
O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) alcanzou ao terminar outubro as 242.142 persoas en Galicia, o que supón que aumentou en 9.224 parados, un 3,96% máis que no mes anterior, de acordo cos datos publicados este xoves polo Ministerio de Traballo e Inmigración.
A situación económica e social que atravesa o país é demasiado grave para soportar o actual silencio das dúas centrais sindicais maioritarias. Os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) falan de cinco millóns de parados, e a subida en 134.000 persoas no mes de Outubro son cifras catastróficas.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript