Novembro de 2011
 
 

07/11/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Fukusima: posible nova reacción de fisión na central nuclear xaponesa

Tepco, a operadora da central nuclear de Fukusima, que resultou gravemente danada no terremoto e o tsunami do pasado 11 de marzo, detectou unha fuga de gas xenón radioactivo, que podería indicar un proceso de fisión nuclear a pequena escala.

 

  • Noticias relacionadas

A compañía, xa comezou a inxectar acedo bórico no reactor 2 da planta, aínda que a densidade do xenón extraído é moi baixa. A mediados de outubro a operadora anunciou que espera levar a parada fría aos reactores da planta este mesmo ano, en lugar de en xaneiro de 2012 como estaba previsto inicialmente, e indicou que os niveis de radioactividade que emite a deteriorada central reducíronse considerablemente nos últimos meses.
 
O grado de credibilidade das informacións que proceden da empresa, tanto no pais (Xapón) como no exterior son ínfimas debido á desinformación, cando non á información manipulada que procede das fontes oficiais.

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript