07/11/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Eleccións a Reitor
Até agora o procedemento habitual nas campañas electorais era que os candidatos se presentasen ás centrais sindicais, expuxesen os seus programas e que as centrais sindicais se pronunciasen sobre os proxectos e apoiasen a un ou outro candidato.
Como aspecto novidoso propuxemos que, no canto de realizarse este proceso do xeito habitual, a rolda incluíse, tamén, os órganos de representación dos diferentes colectivos.
Os candidatos, aínda falta o último que
presentou a candidatura, foron reuníndose tanto coa
Xunta de Persoal como co Comité de Empresa. Uns
viñan a coñecer a situación de cada un dos
colectivos para ser contemplada nos correspondentes
programas e algún xa traía un programa bastante
elaborado.
Como das reunións, en moitos casos, non se pode
sacar conclusións acordamos realizar, cada un dos
dous colectivos (funcionario e laboral), unha serie
de preguntas que conformarán unha enquisa que se
lle transmitirá a cada un dos candidatos,
procedendo posteriormente á súa publicación para
que o colectivo de PAS coñeza as respostas.
Somos conscientes de que, a parte das respostas que
se nos proporcionen, operan outros factores no
proceso de outorgar o voto sobre todo a confianza
no candidato (algún deles xa participou no goberno
da universidade, polo tanto xa se pode valorar esa
experiencia) e na dos compoñentes do seu equipo,
proxecto de universidade, ….
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript