Novembro de 2011
 
 

07/11/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Os activos tóxicos do ladrillo alcanzan os 176.000 millóns

Despois das reiteradas afirmacións sinalando que os banca estaba saneada, despois da multimillonaria inxección de diñeiro público, agora enterámonos de que todo era falso. A exposición problemática dos bancos e caixas de aforros vinculada á actividade de promoción inmobiliaria ascende a 176.000 millóns de euros, segundo figura no Informe de Estabilidade Financeira do Banco de España.

 

  • Noticias relacionadas

A devandita exposición problemática, que engloba créditos dubidosos, activos adxudicados e activos normais baixo vixilancia, representa un 11,4% da carteira crediticia das entidades e un 5,2% do activo consolidado.
 
O organismo que preside Miguel Angel Fernández Ordóñez indica que nun momento de forte axuste do sector inmobiliario, a exposición problemática que mantén o sector bancario non se limita aos activos dubidosos.
 
Ao seu parecer, tamén teñen que tomarse en conta os activos adxudicados e recibidos en pago de débedas, así como aqueloutros préstamos en situación normal, pero baixo vixilancia.
 
Os activos así clasificados, xunto cos considerados dubidosos, están suxeitos á constitución de provisións de acordo coa normativa contable do Banco de España.
 
Así mesmo, o Banco de España tamén requiriu ás entidades de crédito españolas a publicación desta información detallada, que as entidades terán de reflectir nas súas contas anuais, así como na información financeira intermedia que fagan pública.

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript