31/10/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O soldo dos directivos de banca creceu o dobre que os beneficios dende 2004
Novacaixagalicia, que incrementou a remuneración de conselleiros e executivos un 68%, foi a caixa que máis aumentou a contía dos créditos aos seus conselleiros, 147,5 millóns en seis anos.
Os conselleiros e directivos das tres caixas
que acaban de ser parcialmente nacionalizadas son
os que máis incrementaron as súas remuneracións
entre 2004 e
A remuneración media do consello de administración
e da alta dirección das quince maiores entidades
financeiras do estado, entre bancos e caixas,
experimentou un crecemento do 48% dende
O informe, elaborado con datos da Comisión Nacional
do Mercado de Valores (CNMV) e dun total de 52
entidades sobre goberno corporativo e memorias
anuais, destaca tamén que a contía de préstamos que
as entidades concederon aos seus conselleiros se
disparou nas caixas con problemas "con coñecemento
do supervisor".
Os préstamos aos conselleiros aumentaron en 436
millóns de euros nos seis exercicios estudados.
Dese total, o 80% correspondeu a catro caixas de
aforros: Novacaixagalicia (147,5 millóns de euros),
Caixa Douro-España (82,4 millóns), Catalunyacaixa
(64,1 millóns) e CAM (62,9 millóns).
Fonte: xornais
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript