Outubro de 2011
 
 

31/10/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Cando o delito é ser PSR -Persoas Sen Recursos Económicos Suficientes

O sistema sanitario español é un sistema solidario, público e gratuíto, grazas aos impostos e as achegas salariais da poboación activa e, coa garantía que supón a Constitución Española, todas as persoas teñen dereito a acceder a el.

 

  • Noticias relacionadas

É un sistema universal e gratuíto, ou o era ?.
 
Porque a partir do 9 de Setembro e con orden asinada pola Conselleira Pilar Farjas no DOGA -Diario Oficial de Galicia, dítase un novo regulamento que pon límites á Tarxeta Sanitaria, e o máis grave, á atención médico sanitaria non urxente.
 
Isto vai dirixido ao chamado PSR, ou sexa PERSOAS SEN RECURSOS ECONÓMICOS SUFICIENTES. E aquí vén o paradoxo :
 
O SERGAS pon como requisito para obter a Tarxeta sanitaria, 183 días de empadroamento , como antigüidade mínima e empadroado eses días sucesivamente no mesmo lugar onde se pide a Tarxeta, que ademais terá un custo de dez euros -10€.
 
Os inmigrantes "ilegais", aqueles recentemente chegados, e as persoas con dificultades socio económicas que acudan a un centro de saúde sen Tarxeta Sanitaria, non serán atendidos, deberán ir a Urxencias, e sexa cal for a situación da súa saúde deberán previamente asinar: un compromiso de pago, polos servizos médicos recibidos .

A ONG Médicos do Mundo, pregúntase: Como esperan que paguen, se este regulamento vai dirixido ás persoas sen recursos?
 
A concellería aduce que este novo regulamento faise para SIMPLIFICAR TRÁMITES, ou EVITAR A FRAUDE Á SEGURIDADE SOCIAL, sen mirar que son outros os camiños para ofrecer unha atención sanitaria igualitaria, universal e sen restricións.
 
Desde a área de Inmigración da Asociación Cutural Fuco Buxán , denunciamos este atropelo que non fai máis que atentar contra o dereito dos máis desfavorecidos a favor dunha asistencia sanitaria que non rebaixe senón que a garanta.
 
Pola DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA E CONTRA Os RECORTES SANITARIOS !
 
[*] Susana Alaníz González, é responsábel da Área de inmigración da Asociación Cultural Fuco Buxán, membra do Foro Galego de Imigración, e dirixe o Programa radiofónico "Sen Fronteiras" en Rádio Filispim, 93.9 da FM.
 
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
______________ 
 
Enlaces relacionados:

O SERGAS aplica, ás persoas sen recursos, recortes no dereito á protección da saúde e á atención sanitaria - CIG-Saúde exixe que, de forma inmediata, se retire este protocolo e se garanta a prestación sanitaria universal.
 
Diario nº 173 de data 09.09.2011 ORDE do 5 de setembro de 2011 pola que se actualiza o procedemento para o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria por parte das persoas sen recursos económicos suficientes e daquelas que se encontran en situación de desemprego.
 
Tamén pode-se descargar, a orde, en formato PDF:
 
Descargar PDF
 
Artigo publicado en Ártabra 21

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript