Outubro de 2011
 
 

31/10/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

As pensións galegas, as máis baixas

As pensións galegas non contributivas aumentaron o seu importe un 3,4% en outubro, pero mantéñense como as máis baixas do estado, cunha media 677,51 euros, que é o 83,8% da media estatal, de acordo cos datos publicados este martes polo Ministerio de Traballo e Inmigración.

 

  • Noticias relacionadas

As pensións galegas non contributivas mantéñense como as máis baixas do estado, cunha media 677,51 euros, que é o 83,8% da media estatal, de acordo cos datos publicados este martes polo Ministerio de Traballo e Inmigración.
 
Deste modo, as pensións de xubilación, as máis numerosas, situáronse en 449.468 en outubro, cunha prestación media de 757,32 euros, case 18 euros menos que as seguintes máis reducidas, as de Extremadura.
 
En todo o estado, a Seguridade Social destinou en outubro un total de 7.151,3 millóns de euros ao pagamento das pensións contributivas, un 4,8% máis que no mesmo mes de 2010.
 
Os datos do ministerio mostran que o 8,3% dos pensionistas vive en Galicia e que o total de persoas que reciben algunha destas prestacións ascendeu a 729.540, un 0,9% máis que no mes de setembro.
 
As pensións por incapacidade permanente son 69.856, cun importe medio de 759,46 euros; as de xubilación son 449.468, cun importe de 757,32 euros; as de viuvez sitúanse en 184.294, cunha contía de 494,65 euros; as de orfandade son 20.256, cunha prestación de 355,61 euros e en favor de familiares constan 5.666, cunha media de 434,96 euros.
 
Por provincias, as pensións máis baixas corresponden a Ourense, cunha media de 590,69 euros. As de Lugo alcanzan, de media, os 601,74 euros; mentres as de Pontevedra ascenden 713,95 e as da Coruña a 715,37 euros.
 
DATOS ESTATAIS
 
Da cantidade total destinada a pensións non contributivas en outubro en todo o Estado, 4.853,6 millóns corresponderon ao pagamento da nómina mensual das pensións de xubilación (+5,5% en relación a outubro de 2010); 1.361,3 millóns a pensións de viuvez (+3,4%); 819,4 millóns a incapacidade permanente (+2,8%); 98,9 millóns a orfandade (+4,2%); e 18 millóns a favor de familiares (+4%).
 
Segundo os datos de Trabajo, a pensión media de xubilación alcanzou en outubro os 920,38 euros mensuais, o que supón un 3,5% máis respecto ao mesmo mes de 2010.
 
Pola súa banda, a pensión media do sistema, que comprende as distintas clases de pensión (xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a favor de familiares), situouse ao iniciarse o presente mes en 808,82 euros mensuais, o que supón un aumento interanual do 3,2%.
 
En concreto, a pensión media de viuvez situouse en outubro en 587,98 euros mensuais, un 2,6% máis, mentres que a de incapacidade permanente alcanzou unha contía media de 871,82 euros mensuais, cun incremento do 2,3%.
 
Así mesmo, a pensión media de orfandade ascendeu a 359,85 euros mensuais, un 2,4% máis que en outubro de 2010, mentres que a de favor de familiares se situou en 473,66 euros ao mes, cun repunte do 2,7%.
 
No décimo mes do ano, o número de pensións contributivas da Seguridade Social alcanzou a cifra de 8.841.693, o que representa un crecemento do 1,5% respecto ao mesmo mes do ano anterior.
 
Desta cantidade, 5.273.462 pensións foron de xubilación (+2%), 2.315.295 de viuvez (+0,8%), 939.903 de incapacidade permanente (+0,5%), 274.990 de orfandade (+1,7%) e 38.043 de favor de familiares (+1,3%).
 
PAIS VASCO, COA PENSION MEDIA MAIS ALTA
 
Por comunidades autónomas, sete delas máis Ceuta superaron en outubro a pensión media nacional, establecida en 808,82 euros ao mes. País Vasco, Asturias e Madrid rexistraron as pensións medias máis elevadas, con 1.000,53 euros, 962,91 euros e 958,54 euros mensuais, respectivamente.
 
Seguíronlles Navarra (915,72 euros mensuais), Ceuta (854,74 euros), Cantabria (841,91 euros), Aragón (840,05 euros), Cataluña (835,27 euros), Melilla (788,09 euros), Castela e León (786,67 euros), La Rioja (773,68 euros), Canarias (758,50 euros), Castela-A Mancha (754,09 euros), Comunidade Valenciana (742,48 euros), Andalucía (739,46 euros) e Baleares (738,08 euros).
 
Pechan a táboa, coas pensións menos cuantiosas, Murcia, cunha pensión media de 712,57 euros mensuais; Extremadura, con 686,33 euros, e Galicia, con 677,51 euros ao mes.

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript