Outubro de 2011
 
 

31/10/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Galicia sumou 7.000 parados máis no terceiro trimestre

Que as políticas deseñadas desde os poderes económicos e políticos que nos gobernan non ían encamiñadas á creación de emprego xa o denunciamos en reiteradas ocasións, mes a mes, trimestre a trimestre as estatísticas non fan máis que darnos a razón.

 

O número de parados incrementouse en 7.000 persoas, ata as 226.500 en Galicia, o que sitúa a taxa de desemprego no 17,25% no terceiro trimestre do ano, de acordo cos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicado este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).
 
En todo o estado, o número de parados aumentou en 144.700 persoas no terceiro trimestre do ano, case un 3% respecto ao trimestre anterior, co que a taxa de desemprego escalou seis décimas, ata o 21,52%, e o volume total de parados roza xa os cinco millóns de desempregados oficiais.
 
En Galicia, o aumento experimentado no número de desempregados foi do 3,18%, en relación ao trimestre anterior, pero alcanza o 16,1% de suba se os datos se comparan cos do terceiro trimestre de 2010. No último ano, sumáronse ás listas de desemprego na Comunidade galega 31.300 persoas.
 
Ademais, os datos do instituto estatístico mostran que no terceiro trimestre se destruíron 4.400 empregos en Galicia, de modo que o número de ocupados caeu un 0,4% e se situou en 1.087.000. En relación ao terceiro trimestre do ano anterior, a destrución de emprego é de 31.800 postos, un 2,84% menos.
 
A taxa de actividade na poboación galega sitúase no 55,27% no terceiro trimestre e é superior para os homes (61,85%) que para as mulleres (49,26%). En canto á taxa de paro, a feminina alcanzou o 18,31%, mentres a masculina é do 16,32%. En Galicia hai 112.000 paradas fronte a 114.500 parados.
 
Outro dato que medra significativamente e que en arredor de 24.000 fogares galegos non hai nin un solo membro que perciba ingresos de ningunha clase.

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript