Outubro de 2011
 
 

31/10/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Recorte brutal no gasto social

Está claro que quen acabará pagando a crise capitalista serán os máis desfavorecidos, na tónica seguida polos poderes políticos a instancias dos poderes económicos a Xunta de Feijoo reflectirá nos orzamentos de 2012 un recorte de 52,4 millóns de euros nas tres consellerías que concentran o gasto social da Xunta

 

  • Noticias relacionadas

O proxecto de presupostos autonómicos para 2012 inclúen diminución de fondos para Sanidade, Educación e Traballo e Benestaro que confirma que os grupos de poboación máis débiles serán os que paguen as consecuencias da crise.

Recibimos moitas cartas sinalando a responsabilidade do goberno central na dilapidación do estado de ben estar, é dicir, do crecente recorte e privatización dos servizos públicos esenciais. Queremos salientar que o deterioro da administración pública, a precarización dos servizos non é só responsabilidade dos que nos gobernan desde Madrid, tamén a Xunta, o PP, ten responsabilidades nas dinámicas que se están impoñendo dentro da administración autonómica e que marcan o camiño polo que, de gañar as eleccións do día 20 de novembro, realizarán, tamén a nivel estado.

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript