Outubro de 2011
 
 

31/10/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

O futuro que se nos está a cociñar

O círculo péchase día a día, o primeiro que decidiu o poder económico para que a crise a paguemos os traballadores/as foi a reforma laboral, pacto do euro…, todas as medidas acordadas até agora van no camiño de abaratar despedimentos, pagando o estado incluso parte do custo das indemnizacións, regular a precarización na contratación e nas relacións laborais.

 

  • Noticias relacionadas

Agora preténdese dar un paso máis, que a contratación que se realice lle salga gratis ao empresario sacando, unha vez máis, para esa finalidade os cartos das xa depauperadas arcas da seguridade social.
 
O feito de que se recade cada vez menos para a sanidade, pensións… pon en perigo as prestacións máis elementais, os dereitos que custou séculos conseguir están agora mesmo en trámite de eliminación.
 
Se polas vías sinaladas se vai descapitalizando o estado resentiranse os dereito que tanto custou conseguir, o ensino, a sanidade… desaparecerán do mapa tal e como agora mesmo os entendemos. Agora mesmo e debido o omnipotente poder dos mercados (o estado capitalista) os pasos que dan os poderes políticos encamíñanse na preparación dunha tupida tea de araña na que nos teñen amarrados coa finalidade de succionar o pouco estado de ben estar do que gozamos coa única finalidade de preservar as súas grandiosas ganancias.
 
Debido á desmobilización da clase traballadora non se cortan, soldos estratosféricos, xubilacións de película ganancias maiores que antes da crise forman o cóctel que todos os días lemos nos xornais.
 
A nosa impasibilidade fomenta o seu descaro e o incremento constante da nosa precariedade. Corresponde á clase obreira dar un paso adiante e reclamar unha saída social da crise, o cambio de sistema.

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript