Outubro de 2011
 
 

31/10/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

O legado do equipo reitoral

Está clarísimo que a nivel laboral a experiencia co equipo constituído por membros de NovaLuce non pode ser máis negativa.
 Pero se a nivel laboral esta etapa defraudou non lle van á zaga outros aspectos como a labor científica na que acabamos de coñecer que a UDC se sitúa á zaga da universidades galegas nos Rankings ISI de produción científica.

 

  • Noticias relacionadas

Está clarísimo que a nivel laboral a experiencia co equipo constituído por membros de NovaLuce non pode ser máis negativa, abonda con ver os informes publicados neste mesmo medio. A precariedade e explotación estendeuse en colectivos como o do Capítulo VI,  contratos suxeitos a convenios, ETT’s, bolseiros e unha política de externalizacións sen límite forman parte da bagaxe acumulada durante 8 anos de exercicio do sr. Barja e compañía. Os compromisos adquiridos no programa, papel mollado (RPT, profesionalización…).
 
Pero se a nivel laboral esta etapa defraudou non lle van á zaga outros aspectos como a labor científica na que acabamos de coñecer que a UDC se sitúa á zaga da universidades galegas nos Rankings ISI de produción científica, non nos estraña que á hora do reparto do orzamento por indicadores a UDC poña sobre a mesa insistentemente o número de alumnos, os outros indicadores son negativos.
 
Este indicador que hoxe se reivindica insistentemente ten as horas contadas, se o orzamento non chega a calidade resentirase aínda máis e os alumnos “emigrarán para outros lares”.
 
A política realizada pola UDC tendente ao aforro a costa da calidade e precariedade ten estes efectos, que se multiplicarán en próximos anos sen, nese caso, poder presumir de “boa xestión” porque os cartos irán desaparecendo.
 
Mención aparte merecen os proxectos presentados a Campus de Excelencia Internacional, algún día saberemos o gastado, desde logo o resultado non foi moi salientable, seguro que é un efecto do baixo nivel que esta universidade ten a nivel nacional, estatal e internacional. Gabarase o sr. Reitor de que a UDC está presente nos outros campus de excelencia galegos, pero, todos/as sabemos que está presente neses proxectos como un actor secundario quedando a práctica totalidade do orzamento, investigación, proxección internacional etc. que se consiga nas universidades de Santiago e Vigo.
 
Os/as que saian elixidos/as non teñen que facer moito para mellorar a xestión, a docencia e a investigación destes últimos anos.
http://www.rankinguniversidades.es/
 
Agora enterámonos que a Universidade cometeu, tamén, ilegalidades nalgunha edificación, aínda que agora o neguen fíxose alarde dunha prepotencia impropia dun grupo de goberno dunha administración pública a filosofía coa que se abordou este proceso non foi outra que a de que, si a legalidade lles impedía cumprir os seus obxectivos, estes están por riba das normativas. En definitiva, o obxectivo prima sobre os medios para conseguilos.
 
A universidade está absolutamente desnortada e non ten rumbo.
 
Se a todos estes niveis a xeira de goberno de Barja foi un desastre, tamén a nivel político tivo efectos absolutamente perniciosos. Para os/as que queriamos cambiar, de xeito radical, a Universidade que gobernaba Meilán foi unha decepción enorme atoparnos con que os que, cun proxecto de esquerdas, realizaban unha política que en aspectos importantísimos prolongou a xestión que, pretendidamente,  se ía cambiar.

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript