Número 107 - 31 de outubro de 2011
 
 
UNIVERSIDADE

    Está clarísimo que a nivel laboral a experiencia co equipo constituído por membros de NovaLuce non pode ser máis negativa.
     Pero se a nivel laboral esta etapa defraudou non lle van á zaga outros aspectos como a labor científica na que acabamos de coñecer que a UDC se sitúa á zaga da universidades galegas nos Rankings ISI de produción científica.

LABORAL - CRISE

    Que as políticas deseñadas desde os poderes económicos e políticos que nos gobernan non ían encamiñadas á creación de emprego xa o denunciamos en reiteradas ocasións, mes a mes, trimestre a trimestre as estatísticas non fan máis que darnos a razón.

ESCANDALOSO

    Novacaixagalicia, que incrementou a remuneración de conselleiros e executivos un 68%, foi a caixa que máis aumentou a contía dos créditos aos seus conselleiros, 147,5 millóns en seis anos.

XUNTA – CRISE

    A Real Academia Española da Lingua define de dous modos o verbo estafar. Como pedir ou sacar diñeiro ou cousas de valor con artificios e enganos e con ánimo de non pagar, e, en sentido xurídico, como cometer algún dos delitos que se caracterizan polo lucro como fin e o engano ou abuso de confianza como medio. Por iso eu creo que o termo de estafa é o que mellor describe o que fixeron continuadamente os bancos, os grandes especuladores e a inmensa maioría dos líderes e as autoridades mundiais antes e durante a crise que padecemos.

SERVIZOS SOCIAIS

    Prestación de Servizos Sociais Básicos a través dos municipios. O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Carlos Fernández, denunciou hoxe que a Xunta «recorta en políticas sociais» a través dos municipios, ao reducir o Plan Concertado de Prestación de Servizos Sociais Básicos.

LOITA OBREIRA

    Representantes dos traballadores da Compañía de Raio Televisión de Galicia (CRTVG) forzaron este mércores a suspensión do pleno durante uns minutos ao protagonizar unha protesta silenciosa na bancada de convidados, un tipo de manifestación que non está permitida no Regulamento do Parlamento.

ORZAMENTOS 2012

    Está claro que quen acabará pagando a crise capitalista serán os máis desfavorecidos, na tónica seguida polos poderes políticos a instancias dos poderes económicos a Xunta de Feijoo reflectirá nos orzamentos de 2012 un recorte de 52,4 millóns de euros nas tres consellerías que concentran o gasto social da Xunta

CRISE CAPITALISTA

    Aínda así o superávit dos nove primeiros meses do ano é de 5.105,43 millóns de euros.

OPINIÓN - Susana Alaníz González

    O sistema sanitario español é un sistema solidario, público e gratuíto, grazas aos impostos e as achegas salariais da poboación activa e, coa garantía que supón a Constitución Española, todas as persoas teñen dereito a acceder a el.

OPINIÓN - ISAAC ROSA

    Dende logo, a maldade dos gregos non ten límite. Non contentos con afundirse eles mesmos, desestabilizar o euro, contaxiar os seus problemas a media Europa e poñer o planeta enteiro ao bordo do abismo, agora tamén deixan co cu ao aire á nosa banca campioa do mundo.

    
  •   
 
 SANIDADE PÚBLICA
    A Plataforma SOS Sanidade Pública valora as miles de persoas que se mobilizaron nas diferentes áreas sanitarias de Galicia como un formidable respaldo ao sistema sanitario público e un rexeitamento ás políticas de recorte e privatización que está desenvolvendo a Xunta e a Consellería de Sanidade
 LABORAL
    O comité de Emesa acusa de "ilegalidade" a actuación da Xunta pola súa resolución favorable ao citado expediente e denuncia a "total indefensión" do cadro de persoal
 PENSIÓNS
    As pensións galegas non contributivas aumentaron o seu importe un 3,4% en outubro, pero mantéñense como as máis baixas do estado, cunha media 677,51 euros, que é o 83,8% da media estatal, de acordo cos datos publicados este martes polo Ministerio de Traballo e Inmigración.
 LABORAL
    O círculo péchase día a día, o primeiro que decidiu o poder económico para que a crise a paguemos os traballadores/as foi a reforma laboral, pacto do euro…, todas as medidas acordadas até agora van no camiño de abaratar despedimentos, pagando o estado incluso parte do custo das indemnizacións, regular a precarización na contratación e nas relacións laborais.
 CHILE - Camila Vallejo

    O movemento estudantil chileno non parte dos indignados. Non é un movemento espontáneo, senón un proceso longo baseado nunha análise profunda do que sucede en Chile, da inxustiza. Agora, hai que mirar ao fronte e construír unha alternativa para o país.

 ESCÁNDALO NA CAM

    Traballadores da CAM levan ante Inspección de Traballo os administradores do FROB.

 SANIDADE PÚBLICA
    O camiño está trazado e séguense os pasos marcados, agora comeza a presión mediática para que, ao final acabemos pagando por un dereito que, até agora, parecía consolidado e comeza a estar en discusión.
    GALEGO
    O xoves 27 de outubro, ás 19.00 horas no museo do Pobo Galego, en San Domingos de Bonaval, presentouse Tempos Dixital, a nova presenza na rede da revista Tempos Novos, un dos poucos medios escritos en galego que resiste a oleada de peches.

     

    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

     

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 
CONTRA O PACTO SOCIAL
O XORNAL - información obreira
O IMPERIALISMO NON PASARA!!
NON AS NUCLEARES
8 DE MAIO, CONTRA O SAQUEO DA NOSA TERRA

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript