Outubro de 2011
 
 

31/10/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Os traballadores esixen que se free a pre xubilación do ex alcalde de León

Traballadores da CAM levan ante Inspección de Traballo os administradores do FROB.

 

  • Noticias relacionadas

Os sindicatos, consideran "inmoral" a prexubilación do ex alcalde de León e ex vicepresidente segundo de Caixa España-Caixa Douro, Francisco Fernández, co pagamento por parte da entidade de 520.000 euros, motivo polo cal esixen o retroceso nesta operación.
 
Ao seu xuízo, esta cuestión supón un "claro trato de favor", ao tratarse dunha persoa en situación de excedencia. Ademais, sinalou que o ERE tramitado por Caixa España-Caixa Douro afectou a 846 persoas que saíron da caixa mediante prexubilacións, baixas incentivadas e excedencias temporais, por iso denuncia que con Fernández a cifra aumentaría ata 847.
 
Por outra parte, os sindicatos da CAM reuniranse co responsable da Inspección de Traballo de Alicante para poñer no seu coñecemento que os administradores do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) incrementaron en dúas horas a xornada laboral, segundo informaron fontes da plataforma de unidade sindical.

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript