31/10/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Os boticarios formulan o pagamento dos fármacos para doenzas leves
O camiño está trazado e séguense os pasos marcados, agora comeza a presión mediática para que, ao final acabemos pagando por un dereito que, até agora, parecía consolidado e comeza a estar en discusión.
A Federación Empresarial de Farmacéuticos
Españoles (FEFE) formulou eliminar da cobertura
sanitaria algúns medicamentos que son utilizados en
patoloxías leves, que teñen baixo custo e
representan un número elevado de receitas para o
Sistema Nacional de Saúde.
Trátase dunha das medidas incluídas no informe
económico eufemisticamente denominado “Riesgos del
Estado de Bienestar” na prestación farmacéutica e
propostas para un modelo eficiente, dirixido polo
profesor Francesco D.Sandulli, no que se propoñen
unha serie de iniciativas para frear o "crecemento
continuado" do gasto en medicamentos.
Un estudo que solicitou FEFE porque, segundo o seu
presidente, Fernando Redondo, "está en risco o
estado de benestar e a prestación farmacéutica en
particular", e que contén unhas medidas a ter en
conta polo próximo Goberno se quere xestionar "con
eficiencia" os "escasos recursos" dos que se
dispón.
Para frear este crecemento do gasto en medicamentos
propoñen unhas medidas de contención, avaladas en
esencia pola patronal dos farmacéuticos, que
considera tamén que ten que haber
corresponsabilidade dos pacientes a través da
concienciación do gasto sanitario.
Queren meternos, a culleradas, o copago, tanto
sanitario como dos medicamentos e están a facer a
campaña preparatoria para amoldar as conciencias .
OLLO!
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript