24/10/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Sanidade Pública ou Privada? Acelérase a privatización da sanidade
Cremos necesario que se divulgue a seguinte información referente ao modelo de privatización do sistema sanitario que se propón en Cataluña e posteriomente podería aplicarse a todo o terriotorio estatal.
Os cidadáns deben de
saber cal é a realidade das propostas que se están
a facer e as consecuencias negativas que terá estes
e outros recortes para a nosa saúde.
No actual sistema sanitario español prima a saúde
do paciente, xa que o médico non recibe nin
beneficio nin prexuízo económico polos tratamentos
ou diagnósticos que realiza. O seu obxectivo é o
bieniestar do paciente e non a "rendibilidade
económica" de coidar a saúde deste.
A Generalitat propuxo un novo modelo de xestión no
que os centros sanitarios serán empresas privados e
obterán beneficios ou perdas. Así mesmo os médicos
xa non serían traballadores do estado senón que
"se converten en empresarios do sector", é
dicir, tamén recibirán un plus economico se
ingresan máis para o hospital do que gastan para o
hospital" en probas e tratamentos.
Aínda que o informe afirma que este cambio non
afectará aos doentes isto é falso.
Con este novo modelo tanto hospitais coma médicos
veranse afectados polos "resultados económicos" das
probas e tratamentos.
A prioridade dos hospitais a partir de entón será
maximizar o beneficio económico (como toda empresa
privada, polo menos iso sostén a economía).
Noutra palabras: ata agora a prioridade dos
sanitarios era o que resultaba beneficioso para a
saúde do paciente. A partir de agora o prioritario
será o que resulte beneficioso para as contas do
hospital, independentemente de se é aconsellable
para o paciente ou non. Se preferería un tratamento
que "ingresa" menos do que custo" e non a súa
efectividade na saúde, na nosa saúde.
Este modelo que se propón para Cataluña, podería
ser adoptado por outras CCAA. Estes modelos nin
outros recortes da sanidade, non están orientados
ao paciente (como mostra o recente peche de 85
centros de saúde, ou o
sistema proposto de puntos para o diagnóstico.
A sanidade pública do noso país está a experimentar
unha privatización imposta tanto dende os mercados,
o FMI como dende a UE (a través do Pacto do Euro,
asinado polos nosos políticos) cunha redución do
gasto social, o cal é un dos menores da UE.
Quérese para favorecer a sanidade privada
falsamente publicitada como máis eficiente en
detrimento dunha sanidade pública.
Contrariamente ao que se nos quere facer crer de
que o sistema está en quebra, obsoleto, etc. O
sistema español é un dos mellores do mundo á par
que dos menos custosos.
O noso sistema está entre os mellores do mundo: no
ano 2000 foi catalogado como o 7º mellor do mundo
pola OMS, en 2010 clasificado como o 3º mellor do
mundo xunto con Suecia, así como posto como modelo
a seguir por estudos de EUA, pola súa gran calidade
e eficiciencia.
Así mesmo é un dos que máis baratos para o peto do
cidadán (vía impostos): o Estado destina menor
porcentaxe de PIB destina ao gasto sanitario que a
maioría de países desenvolvidos, países que posúen
peor calidade, que non cobren todos os cidadáns nin
servizos mentres supoñen moito máis diñeiro de
Gobernos e cidadán.
Por todo iso rexeitamos completamente esta proposta
de modelo, pois o único beneficio será económico
para as empresas privadas que participarán nestes
organismos ben en forma de xestión ou de capital
mentres prexudicará aos cidadáns tanto na calidade
da asistencia que recibiremos coma no prezo máis
elevado que teremos que pagar por unha sanidade de
peor trato e máis ineficiente. Por exemplo, moitos
tratamentos de enfermidades dexenerativas ou
segundo que tipos de cancros non nos serían dados
porque aínda que efectivos non son "rendibles"
puramente en termos económico
Estes hospitais foron financiados con diñeiro
público para o beneficio da saúde dos cidadáns, non
dos petos de empresas privadas. O gasto sanitario
vai orientado a unha necesidade primaria: todos
enfermamos e todos temos dereito a unha asistencia
sanitaria de calidade. Non admitimos que se poñan
reparos a destinar recursos á nosa saúde mentres se
destinan cantidades moi superiores a falsos
rescates, inxeccións á banca, etc.
A saúde das persoas non pode ser unha variable coa
que "xogar" para incrementar os beneficios e
plusvalías duns poucos, en detrimento da calidade
da asistencia sanitaria.
A saúde non está en venda!
É un dereito mínimo e
está garantido pola Constitución!
Non é unha
mercadoría!
Información en
detalle no
Contrainforme sobre a privatizacion da
sanidade
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript