24/10/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Os orzamentos de 2012 consagran a precariedade absoluta na administración pública galega
O proxecto impón, de momento, a conxelación salarial e reduce a oferta de emprego público a cero.
Sempre dixemos que hai dous xeitos de matar,
neste caso a administración pública galega,
eliminándoa de raíz ou non lle dando de comer
(deixándoa sen orzamento).
A Xunta, capitaneada pola dereita, opta polo
segundo método, así nos orzamentos da comunidade
para o vindeiro ano conságrase a precariedade
orzamentaria determinándose o incremento 0 na
oferta de emprego público o que limitará tanto as
expectativas de milleiros de traballadores e
traballadoras que agardaban esa posibilidade
laboral como a desatención á cidadanía.
Os traballadores e traballadoras que xa
desempeñamos labores na función pública galega non
nos quedamos sen “regaliño”, a conxelación
salarial, de momento se non vai a peor, será a
tónica dos seguintes anos, polo menos, do 2012.
Entre o desconto do 5% nos nosos salarios, o
incremento dos prezos e as conxelacións salariais
que se aveciñan perderemos, arredor do 15% do poder
adquisitivo.
Que agardamos para nos rebelar?
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript