24/10/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Naomi Klein en Washington: "O máis importante do mundo é o noso movemento"
Edición desta semana da publicación independente, inclúe unha peza de Naomi Klein argumentando porque Ocupar Wall Street é "o máis importante do mundo."
Tiven a honra de que me
invitasen a falar en "Ocupade
Wall Street !" o xoves pola noite. Xa
que a megafonía está (lamentablemente) prohibida e
todo o que dixen tiveron que repetilo centos de
persoas para que outros o puidesen oír (é dicir "un
micrófono humano"), o que realmente dixen na Praza
da Liberdade tivo que ser moi breve. Por iso, o que
segue, é unha versión máis longa, completa, do
discurso.
Amo-vos.
E non o dixen só para que centos de vós griten
"amámosche" de volta, aínda que obviamente é unha
posibilidade adicional do micrófono humano. Dicide
aos demais o que queres que che digan a ti, só que
máis forte.
Onte, un dos oradores no mitin das traballadoras e
traballadores dixo: "Atopámonos os uns aos outros".
Ese sentimento captura a beleza do que se está
creando aquí. Un espazo totalmente aberto (así como
unha idea tan grande que non se pode conter en
ningún espazo) para toda a xente que quere un mundo
mellor para atoparse os uns cos outros. Estamos tan
agradecidos.
Se hai unha cousa que eu sei é que o 1% adora as
crises. Cando a xente deixa-se levar polo pánico,
está desesperada e ninguén parece saber que facer,
é o momento ideal para que as corporacións impoñan
a súa lista de desexos de políticas favorables:
privatizar a educación e a seguridade social,
recortar os servizos públicos, librarse das últimas
restricións ao poder corporativo [Sona-vos].
No medio da crise económica, é o que está pasando
en todo o mundo.
E só hai unha cousa que pode bloquear esta táctica,
e por sorte, é algo moi grande: O 99%. E ese 99%
está saíndo ás rúas, de Madison a Madrid, para
dicir "Non. Non pagaremos a vosa crise".
A consigna comezou en Italia en 2008. Repercutiu en
Grecia, Francia e Irlanda e finalmente chegou ao
quilómetro cadrado no que comezou a crise.
"Por que están protestando?" preguntan os eruditos
perplexos na televisión. Mentres tanto o resto do
mundo pregunta: "Que fixo que tardasen tanto?"
"Estivemo-nos preguntando cando iades mostrar a
cara". E sobre todo: "Benvidos".
Moita xente fixo paralelos entre "Ocupade
Wall Street !" e as chamadas protestas
contra a globalización que atraeron a atención do
mundo en Seattle en 1999. Foi a última vez que un
movimento descentralizado, global, encabezado pola
mocidade, apuntou directamente ao poder
corporativo. E estou orgullosa de formar parte do
que chamamos "o movimento de movimentos".
Pero tamén hai diferenzas importantes. Por exemplo,
escollemos cumes como os nosos obxectivos: a
Organización Mundial de Comercio, o Fondo Monetario
Internacional, o G8. Os cumes son pasaxeiras por
natureza, só duran unha semana. Iso tamén nos fixo
ser pasaxeiros. Apareciamos, chegabamos aos
titulares do mundo e logo desapareciamos. E no
frenesí de hiperpatriotismo e militarismo que
viñeron logo dos ataques do 11-S, foi fácil
facer-nos desaparecer completamente, polo menos en
Estados Unidos.
"Ocupade
Wall Street !", por outra banda, elixiu
un obxectivo fixo. E non fixastes unha data final á
vosa presenza aquí. É sabio. Só se vos quedades
podedes botar raíces. É crucial. É un feito da
idade da información que demasiados movimentos
aparecen como fermosas flores pero morren
rapidamente. É porque non teñen raíces. E non teñen
plans a longo prazo de como se van a manter. Polo
tanto, cando chegan as tormentas, son arrastrados
pola corrente.
Ser horizontal e profundamente democrático é
marabilloso. Pero eses principios son
compatibles coa dura tarefa de construír estruturas
e institucións suficientemente robustas para
resistir as tormentas do futuro. Teño moita fe en
que isto ocorra.
Outra cousa que este movimento fai ben:
Comprometestes-vos coa non violencia. Negastes-vos
a regalar aos medios as imaxes de fiestras rotas e
loitas rueiras que ansían con tanta desesperación.
E esa tremenda disciplina significou que, unha e
outra vez, a historia foi a escandalosa e non
provocada brutalidade policial. Da que vimos aínda
máis onte á noite. Mentres tanto, o apoio a este
movimento crece cada vez máis. Máis sabedoría.
Pero a maior diferenza con fai unha década é que en
1999 enfrontabamos ao capitalismo no clímax dun
frenético auxe económico. O desemprego era baixo,
os portafolios de accións inflaban-se. Os medios
estaban ebrios de diñeiro fácil. Naquel entón todo
tiña que ver con postas en marcha, non con peches.
Sinalamos que a desregulación detrás do frenesí
tiña un prezo. Era daniña para os estándares
laborais. Era daniña para os estándares ambientais.
As corporacións convertían-se en máis poderosas que
os gobernos e iso é daniño para as nosas
democracias. Pero, para ser honesta, durante a boa
serie era difícil enfrontarse a un sistema
económico baseado na cobiza, polo menos nos países
ricos.
Dez anos despois, parece que xa non hai países
ricos. Só unha chea de xente rica. Xente que se
enriqueceu saqueando a riqueza pública e esgotando
os recursos naturais de todo o mundo.
O importante é que hoxe todos poden ver que o
sistema é profundamente inxusto e que perde o
control. A cobiza ilimitada arruinou a
economía global. E tamén está
arruinando o mundo natural. Estamos
esgotando as reservas de pesca, contaminando a auga
con fracturación e perforacións en augas profundas,
volvendo-nos cara ás formas máis sucias de enerxía
do planeta, como as areas petroleiras de Alberta. E
a atmosfera non pode absorber a cantidade de
carbono que estamos descargando, creando un
arrequecemento perigoso. A nova norma son os
desastres en serie: económicos e ecolóxicos.
Son os feitos sobre o terreo. Son tan flagrantes,
tan obvios, que é moito máis fácil atopar unha
conexión co público do que era en 1999; construír
rapidamente o movimento.
Todos sabemos, ou polo menos sentimos, que o mundo
está cabeza abaixo: actuamos coma se non houbese
fin para o que realmente é finito, combustibles
fósiles e o espazo atmosférico para absorber as
súas emisións. E actuamos coma se existisen límites
estritos e inconmovibles para o que en realidade
existe en abundancia, os recursos financeiros para
construír o tipo de sociedade que necesitamos.
A tarefa dos nosos tempos é investir esta
tendencia: cuestionar esa falsa escaseza. Insistir
en que podemos permitirnos a construción dunha
sociedade decente, inclusiva, mentres ao mesmo
tempo respectamos os límites reais do que pode
aguantar a terra.
O que significa o cambio climático é que temos un
prazo. Esta vez o noso movimento non se pode
distraer, dividir-se, apagar-se ou deixar-se varrer
polos eventos. Esta vez temos que ter éxito. E non
falo de regular os bancos ou aumentar os impostos
aos ricos, aínda que é importante.
Falo de cambiar os valores subxacentes que
gobernan a nosa sociedade. É difícil de
axustar a unha soa demanda fácil para os medios, e
tamén custa imaxinar como face-lo. Pero non é menos
urxente por que sexa difícil.
É o que vexo que sucede nesta praza. Na forma en
que vos alimentades, en como vos animades uns a
outros compartindo libremente a información e
fornecendo atención sanitaria, clases de meditación
e capacitación en empoderamiento. O meu letreiro
favorito deste lugar di "Es importante". Nunha
cultura que adestra á xente para que evite a mirada
do outro, para dicir "que se morran", é unha
declaración profundamente radical.
Uns poucos pensamentos para terminar. Nesta
gran loita, hai algunhas cousas que non importan:
O que levamos posto.
Se alzamos os nosos puños ou facemos sinais pola paz.
Se podemos axustar os nosos soños dun mundo mellor a un sinal de audio.
E hai algunhas cousas que importan:
A nosa valentía.
A nosa actitude moral.
Como nos tratamos uns a outros.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript