24/10/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Os traballadores de EMESA en loita contra o cuarto ERE
Os traballadores concentráronse fronte ás dependencias da Xunta na Coruña, para reclamar que non se lle de viabilidade, de aprobarse sumarían dous anos de regulacións de emprego.
O pasado día 11 finalizou sen acordo o
período de consultas entre o comité de empresa de
Emesa e a dirección da empresa de Coirós sobre o
cuarto Expediente de Regulación de Emprego de
suspensión que presenta a compañía do grupo Isolux
Corsán, que afectará a 93 traballadores. Mentres a
Consellería de Traballo tramita o expediente, os
representantes dos traballadores volveron saír á
rúa para protestar e esixir á Xunta "unha maior
implicación" cos empregados. "De aprobarse este
cuarto ERE, sumaremos xa dous anos de regulación",
explica o presidente do comité de empresa, Andrés
Rodríguez, quen recorda que moitos "irán" ao paro"
"coas prestacións xa esgotadas".
Para o persoal, a "complicada situación laboral non
é casual", responde, na súa opinión, a un
progresivo desmantelamento de Emesa por parte do
grupo Isolux, ao que acusa de "externalizar
traballos que ata hai pouco se realizaban en
Coirós". Por iso, o comité de empresa solicita á
responsable de Traballo, Beatriz Mato, que mire
"con lupa" o cuarto expediente e que o desestime
"polas mentiras sobre a carga de traballo en
anteriores ERE e a falta de documentación neste
último".
Os traballadores, que protestaron diante da
delegación da Xunta na Coruña, volveron pedir por
escrito unha reunión con Mato e criticaron "a falta
de respecto da Xunta" por permitir 14 despedimentos
durante a negociación do ERE. "Un venres o director
xeral de Relacións Laborais afirma no Parlamento
que non vai permitir despedimentos e o luns
seguinte a empresa bota á rúa 14 empregados sen que
a Consellería tome cartas no asunto", declara
Rodríguez.
Desde aquí queremos amosar a nosa
solidariedade cos traballadores de EMESA e cos de
todas as empresas en situación semellante.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript