24/10/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Democracia participativa e reforma electoral
Dentro das actividades da Rede de Asembleas de Barrios e Vilas vaise realizar unha nova asamblea temática sobre a reforma electoral e a democracia participativa, neste caso na sede da Real Academia Galega o vindeiro día 28 ás 19 horas
A crise do sistema económico puxo en primeiro
plano a brecha entre a sociedade e os
representantes políticos. A autonomía dos cargos
electos respecto ao corpo electoral derivou cara a
un sistema de cooptación e aclamación por parte de
grandes máquinas políticas servidoras de intereses
estraños á sociedade: débeda, bancos, finanzas. Por
primeira vez, unha inmensa maioría de cidadáns
senten que os seus intereses non teñen que ver coas
decisións que toman as institucións, cando non son
frontalmente atacados por elas. As reformas do
sistema electoral e do sistema político que parece
que servirían para corrixir e facer funcionar esta
democracia formal, son aprazadas e desprázase da
axenda dos políticos.
“Non nos representan", dicimos, e eles
respóndennos "Non hai outro sistema mellor".
Hai que resignarse ás insuficiencias da democracia
representativa?
Seguro que non. A democracia participativa aspira a
introducir espazos públicos de influencia e
participación nos que a interacción entre cidadáns
e representantes se aproxime máis ao "nós
decidimos" dunha democracia directa que ao mero "eu
voto" dunha democracia formal representativa.
Por todo isto o 15M, Rede de Asembleas de Barrios e
Vilas, convídavos a escoitar, reflexionar e falar
sobre iso o próximo día 28 de outubro, no Salón de
Actos da Real Academia Galega.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript