Outubro de 2011
 
 

24/10/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Patronal e sindicatos acordan desbloquear os convenios

Unha patronal envalentonada e uns sindicatos desmobilizados e ansiosos por chegar a acordos aínda que sexan a costa dos intereses dos traballadores e traballadoras que din representar xuntaranse para proceder, de novo, a un ritual que sabemos de antemán como vai acabar.

 

  • Noticias relacionadas

Uns sindicatos que se mostraron partidarios de continuar coa “moderación” salarial que poden negociar?.
 
A solución moi pronto nos xornais, no Boletín Oficial e nos convenios dos traballadores e traballadoras.
 
Como non iniciemos xa un proceso continuado de mobilizacións que resposte desde a loita a cobiza e chulería dos empresarios e á intención de pacto dos sindicatos maioritarios tamén seremos responsables, por inacción, das medidas que nos cociñen.
 
Aos sindicatos reivindicativos e clasistas quédanos a labor de mobilizar e sensibilizar aos traballadores/as  realizando medidas de presión que posibiliten que retomemos a iniciativa perdida, no camiño de impedir un deterioro maior das relacións laborais, impulsar a recuperación de todos os dereitos perdidos e avanzar na súa ampliación.

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript