17/10/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Portugal aumentará en media hora a xornada laboral
Passos Coelho eliminará as pagas extraordinarias a funcionarios e pensionistas como medida de austeridade.
O primeiro ministro de
Portugal, o conservador Pedro Passos Coelho,
anunciou este xoves novas medidas de austeridade
para 2012, entre as que se inclúe a eliminación das
dúas pagas extraordinarias a funcionarios e
pensionistas e o aumento en media hora da xornada
laboral no sector privado.
Nunha declaración televisada, o xefe de Goberno
luso detallou que a supresión das pagas extras de
verán e nadal, que se levará a cabo ata finais de
2013, afectará aos salarios de máis de 1.000 euros
mensuais de funcionarios, traballadores de empresas
públicas e pensionistas.
Explicou que no sector privado tamén se
reestruturará o calendario de vacacións para
promover a produtividade. Estas medidas, incluídas
no presuposto de 2012, están destinadas, segundo
Passos Coelho, a corrixir desvíos presupostarios
que poñen en perigo os compromisos adquiridos coa
Unión Europea e o FMI, que prestaron ao Portugal
78.000 millóns.
Xustificou a necesidade de aplicar as medidas
extraordinarias -aprobadas hoxe en Consello de
Ministros e que se debaterán no Parlamento a
próxima semana- para evitar a bancarrota do país e
as presións para abandonar a zona euro.
A saída do euro "sería inaceptable e non permitirei
que aconteza", dixo Passos Coelho, quen acusou o
anterior Goberno socialista de ter gastado ata xuño
de 2011 o 70% do presupostado para este ano. O
dirixente conservador alertou da profunda recesión
que afronta o país, cuxo PIB se prevé que caia un
1,9% este ano e un 2,2 o próximo.
Insistiu en que é fundamental que Portugal cumpra o
pactado para contar cos 78.000 millóns do préstamo
internacional, imprescindibles para o funcionamento
do país.
A esquerda parlamentaria sinalou que se está a
escribir unha nova constitución, un novo marco de
relacións coa cidadanía.
“Os portugueses xa comezan a saber a resposta dos
seus gobernantes. Traballar mais para sermos mais
pobres. É a economía das pirañas, mais de15 días de
traballo gratuíto para que a economía caia mais,
dous meses menos de salario para a economía quedar
peor, quitar dous meses de pensións aos nosos pais
para mellorar a vida social”. Estas medidas “só
poden conducir ao desastre”.
O Goberno declarou, co Orzamento de Estado para
2012, o “estado de guerra” aos traballadores
portugueses. Considerando que, con estas medidas
regresivas, Portugal camiña para unha recesión como
a que se vive en Grecia,
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript