17/10/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O paro mantívose estable na OCDE no mes de agosto
O español segue sendo o estado do mundo desenvolvido con peores cifras, e a diferenza coa media aumenta
A taxa de paro mantívose estable no 8,2% da
poboación activa no conxunto da OCDE, mentres que o
aumento dunha décima en España ata o 21,2% aumentou
a diferenza coa media do mundo desenvolvido do que
é con vantaxe o país con peores cifras.
A Organización para a Cooperación e o
Desenvolvemento Económico (OCDE) destacou ao
presentar as cifras de agosto que o nivel de paro
nos seus 34 países membros se mantivo sen cambios
nos oito primeiros meses do ano e no caso da zona
euro dende maio no 10%.
En agosto o maior incremento relativo produciuse en
Australia, cun aumento de dúas décimas pero ata
unha taxa relativamente reducida, do 5,3%.
Houbo tamén ascensos dunha décima en Canadá (ao
7,3%), Francia (ao 9,9%), Luxemburgo (ao 4,9%),
Eslovaquia (ao 13,4%), en Suecia (ao 7,4%) e a xa
citada de España.
E non hai datos recentes dunha serie de países
entre os que figura Grecia: a súa última
estatística harmonizada corresponde a xuño cunha
taxa de paro do 16,7%.
Pola contra, reduciuse o desemprego durante ese mes
en Corea do Sur (dúas décimas ao 3,1%), Hungría
(tres décimas ao 10,3%) e Xapón (catro décimas ao
4,3%).
En canto á evolución interanual, a máis negativa
ata agosto en termos relativos foi a de Irlanda
cunha suba do paro de nove décimas (ata o 14,6%),
seguida da do estado español (oito décimas ao
referido 21,2%) e da de Eslovenia (cinco décimas ao
7,8%).
Uns 44,3 millóns de persoas buscaban un emprego na
OCDE en agosto, o que significa 2,3 millóns menos
que un ano antes, pero aínda 10,4 millóns máis que
no mesmo mes de 2008, antes de que os efectos da
crise se fixesen notar de cheo no mercado de
traballo.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript