Outubro de 2011
 
 

17/10/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Contribuíntes gregos evadiron 37.000 millóns

Atenas detectou en enorme burato, do que a gran maioría é responsabilidade empresarial.

 

  • Noticias relacionadas

O Goberno grego detectou un burato de 37.000 millóns de euros de impostos evadidos por uns 15.000 contribuíntes, cuxa identidade fará pública a semana que vén.
 
Así o anunciou hoxe no Parlamento o ministro de Finanzas, Evangelos Venizelos, quen precisou que desa cantidade uns 32.000 millóns de euros foron evadidos por empresas e 5.000 millóns por particulares. Entre estes, hai uns 5.000 que deixou de pagar uns 150.000 euros ao fisco.
 
Segundo os datos da Autoridade de Estatísticas Europea (Eurostat), o déficit público en 2010 sumou 24.193 millóns de euros e a débeda 328.588 millóns, polo que estes impostos evadidos suman máis do 10 por cento da débeda grega.
 
Ademais, segundo os datos do ministerio, en 2009 a fuga de depósitos bancarios ao exterior foi de 5.500 millóns de euros dende contas de 180.000 depositantes.

Deles, case 4.000 declararon ingresos anuais de menos de 20.000 euros e outros 542 fixeron a súa declaración da renda con menos de 1.000 euros de ingresos.
 
O Goberno grego está en contacto coas autoridades suízas e doutros países para tratar de recuperar parte deses fondos enviados ao exterior sen pasar por Facenda. As autoridades continúan as inspeccións para os anos fiscais 2010 e 2011.

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript