Outubro de 2011
 
 

17/10/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

1 de cada 10 euros que inviste o Estado é para a guerra

No ano 2010 o estado presupostou a través de diferentes partidas 18.161 millóns de euros que finalmente e unha vez liquidado o devandito presuposto se converteron en preto de 19.300 millóns de euros. Dos 18.161 millóns 9.154 son directamente destinados ao Ministerio de Defensa.

 

  • Noticias relacionadas

Dos 18.161 millóns 9.154 son directamente destinados ao Ministerio de Defensa. Destes 9.154 o ministerio dedica case 1.500 millóns á compra directa de armamento, é dicir, dedícase máis diñeiro anualmente a comprar instrumentos de guerra que o que se aforrou, por exemplo, coa conxelación das pensións aprobadas polo goberno (1.400). Isto pon de manifesto as prioridades dos políticos que din representarnos. Se sumamos case 1.000 millóns máis en inversión militar (loxística) temos que o ano pasado se investiron preto de 2.500 millóns de euros o cal supón un 10% dos investimentos do Estado, é dicir, 1 de cada 10 euros que inverte o Estado é para a guerra.
 
Por outro lado, temos inversión en I+D con fins militares. Divídese en 232 millóns xestionados por Defensa e en 950 millóns xestionados por Industria. Estes 950 millóns saen en forma de crédito, esta fórmula leva funcionando dende 1997 e xa acumula un crédito por valor de 14.205 millóns de euros dos cales non se devolveu nada. O investimento en I+D militar supón un 13% do investimento en I+D total do Estado.

Algúns indicadores do gasto militar 2010:
 
· Gasto militar por día: Case 53 millóns de euros (19.300 millóns entre 365 días) · Gasto por habitante/ano: 419 euros (19.300 millóns entre 46 millóns de habitantes segundo censo) · Gasto militar respecto ao PIB: 1.8% · Gasto militar respecto ao presuposto total: 4.70%
 
O gasto militar total do ano pasado roldou os 19.300 millóns de euros que é infinitamente superior ao gasto do 2003 (15.800 millóns) e do 2004 (16.900 millóns) onde o estado estaba en plena efervescencia económica e participaba da guerra en Iraq.
 
A cifra marca de gasto militar no estado produciuse en 2008 con 20.600 millóns de euros mentres que a poboación empezaba sentir nas súas carnes o custo social e persoal da famosa crise económica.
 
Todas estas cifras non veñen senón a reforzar a idea de que como sempre a crise só a sofre o pobo. Impóñennos recortes en todos os nosos dereitos sociais, económicos, laborais porque segundo o estado son imprescindibles, non obstante, non hai recortes en gastos absolutamente innecesarios como o militar

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript