10/10/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A Universidade recoñece unha ilegalidade urbanística
A Universidade recoñece unha ilegalidade
urbanística xustificándose en que "Sabiamos que non nos ían dar a
licenza e por iso non a pedimos”.
O Concello xa anunciou a apertura de expediente aducindo que "O fin non xustifica os medios, non poden saltarse á toureira a lexislación vixente"
A nós parécenos un feito moi grave, do que
esixiremos responsabilidades no vindeiro Consello
de Goberno. Non entendemos como a Universidade
recorre ao incumprimento da lei dun xeito
consciente. Quén se fará cargo das consecuencias
económicas, se as houber, derivadas deste acto?.
De verificarse o comportamento denunciado na prensa
atoparémonos diante dun acto que é legalmente
perseguible e eticamente inaceptable, a
Universidade que se enche a boca, cando quere,
reclamando a legalidade vixente incúmprea cando lle
convén.
Non lle chega á UDC con ser a última das
universidades galegas nos rankings, nin dar
conseguido o “título” excelencia internacional ao
que se ven presentando os últimos anos. Conseguirán
estes “magníficos” xestores que a nosa universidade
pase á historia coma unha universidade que non é de
fiar. Magnífico título que nos deixarán.
"A Universidade non vai parar porque as
administracións que se comprometeron a realizar
expropiacións para a institución académica non
fixesen ningunha dende hai oito anos", argumenta o
vicereitor de Infraestruturas e Xestión Ambiental
para xustificar a construción do edificio sen
licenza e sen esperar sequera á entrada en vigor do
plan que a ampararía. "A Consellería de Educación e
o Concello marxínannos constantemente e, se non
temos solares, temos que levar a cabo nosas propias
estratexias", lamenta Martínez, que recoñece non
ter solicitado o permiso de obra ao Goberno local "
porque non o ía conceder".
Pois vaia xustificación. Ao sr. vicerreitor parecen non preocuparlle os efectos da ilegalidade realizada, a nós si. O que se detrae da noticia aparecida na prensa é que pase o que pase,de momento o edificio está executado e recepcionado. Se este é o xeito de actuar do equipo reitoral, nós non o compartimos.
A cousa non queda aí, a prepotencia do sr.
vicerreitor non ten limite, indica agora que si a
Xunta non expropia e non se conceden as licenzas, a
Universidade seguira edificando de xeito ilegal.
Para que logo digan que non hai cartos.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript