10/10/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
REGANOSA denunciada na Fiscalía Anticorrupción por trafego ilegal de gas
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ADEGA-Ferrolterra e a plataforma veciñal de Mehá veñen de trasladar á Fiscalía Anticorrupción do estado unha denuncia contra REGANOSA polo trafego ilegal de gas, teoricamente adicado ao consumo no estado, e que remata previa escala en Galiza exportado a terceiros países.
Trátase dunha actividade próxima ao "bunkering",
coa agravante de aumentar o risco de accidente e
xerar uns sobrecustos que acaban repercutindo nas
tarifas. Gas de Alxeria que logo de trasvasado
remata en Italia; gas "exportado" vía Xibraltar que
remata en suramérica; gas procedente do Caribe
descargado e volto a cargar en REGANOSA con destino
a Arxentina, cruzando 2 veces o Atlántico. Quen
está a tolerar e a quen beneficia este lucrativo
negocio de importación/exportación?
Denuncia
Fiscalía REGANOSA (65 Kb)
Resulta difícil explicar que un estado netamente
importador e dependente do gas natural como España
poida exportar semellantes cantidades de gas a
outros países. Máis difícil aínda é explicar que
resulte máis rendíbel aos importadores de Italia,
América ou Kuwait, que o gas procedente de Alxeria
ou Nixeria teña que desviarse da súa rota e
realizar un longo percorrido para chegar á Ría de
Ferrol, onde será descargado na planta REGANOSA e
logo trasvasado a un novo buque que chegará aos
países de destino despois dunha longa travesía.
A planta de regasificación de REGANOSA (como todas
as plantas de gas do estado) pertence ao Sistema
Gasista e é unha actividade regulamentada pola
administración. Isto supón que a construcción,
mantemento e gastos de operación destas
infraestruturas gasistas son subvencionadas e
pagadas polos consumidores, ao considerar que
están prestando un servizo ao conxunto do estado.
E perecisamente, os labores de carga precisos para
"exportar" o gas a terceiros países xera una custos
superiores á descarga, custos que acabamos pagando
todos/as através das tarifas. Que servizo é ese?
Este trafego de importacións/exportacións de gas
non reporta ningún beneficio á cidadanía: ao
contrario, incrementa os custos e provoca un maior
número de entradas e saídas de gaseiros cargados e
portanto aumenta a probabilidade de accidente. A
isto hai que engadir o risco que xa supón a
proximidade da planta de REGANOSA aos núcleos
urbanos e a ausenza un plano de emerxencias para as
operacións destes buques.
Desconoñecemos a fiscalidade que se lle está a
aplicar a estas operacións de
"importación/exportación", pero xa aconteceu que
nas instalacións de “Forestal del Atlántico”
veciñas a REGANOSA no ano 1997 prodúxose unha
importante fraude fiscal relacionada coa
exportación de millleiros de toneladas de
gasóleo, caso que a día de hoxe -despois de 14
años- aínda segue instruíndose no xulgado de
Ferrol.
As nosas organizacións pedimos á Fiscalía
Anticorrupción que investigue as exportacións de
gas natural licuado que se realizan dende a planta
de regasificación de REGANOSA polo perxuizo que
poidan estar producindo al erario público e polo
grave perigo ao que expoñen á poboación, alén de
investigar quenes son os beneficiarios destas
operacións
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript