10/10/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Galicia suma 8.336 novos parados no peor mes de setembro dende 1996
O paro subiu en Galicia en 8.336 persoas no peor mes de setembro dende 1996, ano no que comezou a elaborarse a actual a serie histórica, e xa afecta a 232.918 galegos.
O desemprego aumentou un 3,71% respecto ao
mes de agosto debido á fin da tempada estival (o
63% dos novos demandantes de emprego proceden do
sector servizos) e aos recortes de emprego público,
segundo o Goberno e os sindicatos. A nivel
nacional, o paro tamén experimentou o seu peor dato
en 15 anos, ao crecer en 95.817 persoas, ata os
4.226.744 parados (+2,32%).
Galicia foi a quinta comunidade onde máis aumentou
o paro en setembro en termos relativos, só por
detrás de Baleares, Cantabria e Extremadura. O
groso dos novos parados achegouno a provincia de
Pontevedra, que xerou 3.752 desempregados en
setembro (o 45% do total), un 4,2% máis que en
agosto. Ségueno A Coruña, con 2.564 novos parados
(+2,85%); Lugo, con 1.361 (+6,49%), e Ourense, con
659 inscritos (+2,7%).
Si se comparan os datos cos de
O dato de setembro de Galicia é o peor dende 1996
en termos absolutos, cando o paro crecera en 4.700
persoas fronte a agosto daquel ano. Por sectores, o
dos servizos é o que rexistra un maior número de
demandantes de emprego. De feito, con 126.315
representa un 54,23% do total de desempregados da
comunidade. O aumento en setembro foi de 5.281
persoas respecto ao mes de agosto, un 63% máis.
Ademais, sumáronse 1.450 desempregados ás listas da
industria, que alcanza un total de 36.015; mentres
que son 1.108 na construción (37.792 en total); 322
na agricultura (en total son 6.028) e 175 no
colectivo sen emprego anterior (este crece ata os
26.768).
O vicepresidente económico do Goberno, Elena
Salgado, achacou o repunte do desemprego aos
recortes en servizos públicos, como a sanidade e a
educación, efectuados nalgunhas autonomías. O
titular de Economía tamén admitiu que as
perspectivas para o que resta de ano tampouco son
boas.
De feito, o Goberno deu por desmanteladas onte as
súas previsións de pechar 2011 coa creación de
40.000 ou 50.000 empregos netos, como admitiu o
ministro de Traballo: "Teño a impresión, á luz
destas cifras de setembro, por como se está a
comportar o conxunto dos indicadores na última
parte do verán, de que o último trimestre vai ser
peor do que prevía o Executivo", recoñeceu
Valeriano Gómez, que tamén prognosticou unha maior
destrución de postos de emprego no conxunto de
países europeos polas políticas de axuste fiscal
"tan necesarias".
A directora xeral de Formación e Colocación da
Xunta, Ana María Díaz, atribuíu o dato "negativo"
do paro en Galicia á finalización dos contratos
estivais no sector servizos, e recordou que
setembro é un mes no que "tradicionalmente sobe o
número de parados".
Contra esta situación só cabe unha acción,
a mobilización. Esta nosa alternativa vímola
reclamando desde fai tempo sen que os sindicatos
con capacidade para a convocatoria doutra folga
xeral reaccionen. Que non sexa sen a nosa
oposición!-
FAI FALTA OUTRA FOLGA XERAL!!
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript