outubro de 2011
 
 

10/10/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

O rescate de Novacaixagalicia un roubo

Os directivos que levaron á quebra a Caixa de todos os galegos e galegas, que deixaron as accións do novo banco á altura dos bonos-lixo márchase da entidade con xubilacións de ouro cando tiñan que estar na cadea.

 

  • Noticias relacionadas

A última foi a de José Luis Méndez, director xeral de Caixa Galicia dende 1981 ata setembro do ano pasado. O grande artífice de que a caixa galega se colocase antes da reforma do sistema financeiro nacional entre as dez mellores entidades de España tamén é o que, por agora, a maior cantidade se levou tras abandonar o seu despacho de Caixa Galicia.
 
Entre 12 e 15 millóns de euros é a retribución -na que se inclúe a liquidación e o plan de pensións-, que o exdirector xeral da caixa durante 29 anos se embolsou o ano pasado, segundo avanzou onte Expansión. Foi o 16 de setembro de 2010 cando José Luis Méndez comunicou ao consello de administración da entidade a súa decisión de xubilarse ao cumprir os 65 anos. Os estatutos outorgábanlle a posibilidade de prorrogar a súa vida laboral ata os 70. Pero optou por retirarse. As presións do Banco de España para que se apartase da primeira liña financeira tiveron a culpa.

José Luis Méndez forma parte aínda de varias sociedades en representación da caixa e segue como presidente da Fundación Caixa Galicia. Ten dereito a coche, chofer e seguridade privada que tamén paga a caixa galega, segundo apuntan varias fontes.
 
Novacaixagalicia rexeitou onte comentar a cifra que podería ter recibido Méndez e argumentou que non entra en detalles" sobre as retribucións ofrecidas e reiterou que todos os pagamentos realizados os coñecía o Banco de España de antemán e que as condicións destes son "exactamente" as mesmas que para o resto dos traballadores que se acolleron ao dereito de prexubilarse.
 
Con esta nova indemnización que saíu agora á luz son xa preto de 40 millóns os que Novacaixagalicia pagou a unha decena de directivos que saíron da caixa. O valor da entidade, segundo fixo público o Banco de España o pasado venres, ascende a 181 millóns. Os 40 millóns supoñen un 22% desa cifra. Ese día, o regulador financeiro tamén confirmaba que nacionalizaba a caixa despois de que o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) inxectará os 2.465 millóns que necesita para cumprir os requisitos de capital
 
Aos entre 12 e 15 millóns que se levou José Luis Méndez, hai que sumar os máis de sete que recibiu o exdirector xeral da caixa, José Luis Pego, polo fondo de pensións e a cláusula de blindaxe que tiña ata 2013. Xunto ao director da oficina de integración, Óscar Rodríguez Estrada, e o responsable do negocio inmobiliario, Gregorio Gorriarán suman uns 18 millóns de euros dos directivos que procedían de Caixanova. Ao exdirector xeral adxunto, Javier García de Paredes, correspondíanlle entre 7 e 10 millóns, aínda que renunciou á indemnización, que era de 4,7 millóns.
 
A estas cifras hai que sumar as dos dous fillos do exdirector xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, José Luis e Yago. O primeiro obtivo unha remuneración de 400.000 euros e o segundo rexeitou as indemnizacións.
 
Outros dous directivos que abandonaron a caixa galega recentemente son Juan Dapena, que era director xeral adxunto de Caixa Galicia, e Julio Rivero, tamén da caixa coruñesa, que se acolleu ao ERE que afectou a máis dun millar de empregados de Caixa Galicia e Caixanova e que contemplaba o 98% do salario. Entre ambos os dous, segundo Expansión, terían percibido un millón de euros.

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript