outubro de 2011
 
 

10/10/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Mas ordena pechar todos os hospitais públicos cinco días

A Generalitat obriga aos facultativos a coller vacacións durante eses días, unha medida que busca "aforrar", xa que "se non hai actividade, tampouco hai gasto".

 

  • Noticias relacionadas

O Goberno catalán quere pechar todos os hospitais públicos cinco días, segundo publica El Confidencial. A Generalitat terá de tempo desde hoxe até o próximo mes de decembro. A orde parte do conselleiro de Saúde, Boi Ruiz, xa foi transmitida polo Instituto Catalán de Saúde (ICS) ás direccións dos centros. Ao persoal, obrigaráselle a tomar vacacións durante eses días e os hospitais só funcionarán como servizo de urxencias. A medida, admitiron os responsábeis de xerencia, faise para “aforrar”, xa que “se non hai actividade, tampouco hai gasto”.
 
Desde o hospital Vall d'Hebron, o máis grande de Cataluña, sinalaron que neste centro “estanse desprogramando visitas externas e probas diagnósticas, como análises de sangue, radiografías, etcétera. Ademais, aos pacientes non se lles está dando outra cita, senón que o adiamento é sine die, o que vai engordar aínda máis as listas de espera”. A dirección de Vall d'Hebron xa entregou por escrito á xunta de persoal os días que os seus traballadores han de coller vacacións: 21 e 27 de outubro, 9, 27 e 30 de decembro.
 
Os empregados deste hospital celebraron onte dúas asembleas, unha pola mañá e outra pola tarde, para discutir a situación tras os recortes que quere aplicar o Goberno de Artur Mas. “Non houbo ningunha votación, só se expuxeron os proles e os contras dunha posíbel folga”, sinala Puigcercós. Os médicos, no entanto, si votaron facer folga intermitente a partir do mes de outubro, aínda que esperarán algúns días para ver se o ICS reformúlase a proposta de recortar aínda máis os salarios e de rebaixar á metade a paga extraordinaria de Nadal.

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript