10/10/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Ata xullo, os ERE en Galicia, afectaron a 17.403 traballadores
Galicia foi a sexta comunidade autónoma con máis Expedientes de Regulación de Emprego autorizados no primeiro semestre de 2011.
Os ERE autorizados nos sete primeiros meses deste
ano ascenderon no conxunto do Estado a 11.487 (o
13,6% máis) respecto ao mesmo período de 2010 e
afectaron a 179.795 persoas (o 3,7% máis).
Dos 11.487 expedientes aprobados, o 91% do total
(10.481) foron pactados coas organizacións
sindicais ou os representantes legais dos
traballadores.
Dos ERE pactados o 20,4% (2.345) foron de extinción
de contratos, o 46,4% (5.335) de suspensión
temporal de contratos e o 33,1% (3.807) de redución
de xornada.
Tamén nos expedientes non pactados (1.006) a
suspensión temporal de contratos foi a modalidade
máis utilizada, con 504, fronte aos 266 de redución
de xornada e 236 de extinción de contratos.
Se se comparan os datos globais cos do mesmo
período de 2010 os expedientes de extinción de
contratos incrementáronse un 15,6% e os que
contemplan medidas de redución de xornada un
216,9%, mentres que os de suspensión temporal
caeron un 22,3%.
Respecto aos 179.795 traballadores afectados entre
xaneiro e xullo ao 20,2% (36.353) extinguíronlles a
súa relación laboral; o 58,1% (104.543) tivo unha
suspensión temporal do contrato e o 21,6% (38.899)
viron reducida a súa xornada laboral.
Segundo as características do procedemento, o
número de afectados aumenta un 16,3% cando se trata
de procesos que levan consigo extincións de
contrato; un 370,3% por reducións de xornada,
mentres que cando se trata de procesos que levan
consigo suspensións temporais de contratos o número
se reduce un 21,9%.
Por sectores, dos 11.487 ERE autorizados 299 fórono
en empresas do sector agrario; 3.935 da industria;
1.909 da construción e 5.344 de servizos.
Isto supuxo que dos 179.795 afectados o 56,8%
(102.196) pertencían á industria; o 30,3% (54.501)
ao sector servizos; o 11,7% (21.182) á construción
e o 1,6% (1.916) ao sector Agrario.
Por xénero, o 77,9% (140.091) foron homes e o 22,1%
(39.704) mulleres.
A comunidade autónoma de Cataluña foi a que tivo
máis ERE autorizados (2.173) e traballadores
afectados (31.027), seguida da valenciana (1.847 e
22.275, respectivamente), a vasca (965 e 15.053),
Andalucía (947 e 13.233), Madrid (841 e 25.292),
Galicia (801 e 17.043), Castela e León (742 e
10.861) e Aragón (605 e 7.533).
Por detrás situouse Asturias (491 e 11.851),
Castela-A Mancha (430 e 4.808), Cantabria (315 e
4.131), Navarra (304 e 5.048), Murcia (292 e
2.437), Canarias (262 e 3.738), Extremadura (176 e
1.673), Baleares (164 e 1.687) La Rioja (124 e
2.040) e Ceuta e Melilla (8 e 65).
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript