03/10/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O estado español dobra a taxa de desemprego na eurozona
O paro oficial alcanzou o 10% o mes de agosto, unha porcentaxe que no caso do estado español aumentou ata o 21,2%
O desemprego na zona euro durante o pasado
mes de agosto mantívose estable respecto a xullo no
10%, aínda que supón dúas décimas menos que no
mesmo mes o ano anterior, co estado español
novamente á cabeza cunha taxa de paro do 21,2%,
unha décima máis que en xullo, segundo informou
Eurostat.
Pola súa banda, no conxunto da Unión Europea (UE) a
taxa de desemprego situouse no 9,5%, tamén sen
cambios respecto ao mes de xullo pero unha décima
menos que o ano anterior.
A axencia estatística europea calcula que 22,785
millóns de persoas carecían de emprego na UE, dos
que 15,739 millóns se encontraban na zona euro, o
que supón un descenso mensual de 62.000 parados no
conxunto da UE e de 38.000 na zona euro. Respecto a
agosto de
Entre os países membros cuxos datos estaban
dispoñibles, as menores taxas de paro rexistráronse
en Austria (3,7%), Países Baixos (4,4%) e
Luxemburgo (4,9%), mentres que as máis altas foron
as do estado español (21,2%), Grecia (16,7% no
segundo trimestre de 2011) e Letonia (16,2% no
segundo trimestre de 2011).
Pola súa banda, a taxa de paro masculino na
eurozona baixou unha décima en agosto, ata o 9,6%,
e pasou do 9,4% de xullo ao 9,3% na UE, mentres que
o desemprego feminino se mantivo sen cambios en
ambas as dúas áreas, no 10,3% e o 9,7%,
respectivamente.
Pola súa banda, a taxa de paro entre os menores de
25 anos baixou ao 20,4% na zona euro, dende o 20,5%
do mes anterior, mentres no conxunto da UE se
situou no 20,9%, o mesmo nivel que en xullo.
Nas tres categorías o estado español volveu
rexistrar en abril as cifras máis altas de
desemprego cun paro do 46,2% entre os mozos, dúas
décimas máis que en marzo, mentres que o desemprego
masculino se mantivo estable no 20,8% e o paro
feminino subiu unha décima, ata o 21,6%.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript