03/10/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A CEOE quere revisar o pacto salarial para subir menos os soldos en 2012
A patronal envalentonada pola nula resposta sindical ás sucesivas medidas que cargan os efectos da crise na clase obreira, quere agora revisar á baixa o acordo nacional de moderación salarial que está en vigor asinado cos sindicatos gobernamentais.
O secretario xeral de CEOE, José María
Lacasa, considera que " habería que reformularse a
suba salarial pactada no Acordo Interconfederal
para a Negociación Colectiva (AINC) para 2012, de
entre o 1,5% e o 2,5%, se se quere estender a
moderación de salarios tamén a 2013 e 2014".
"Se se prolonga a moderación salarial ata
O número dous dos empresarios desvelou que o
secretario xeral de CC.OO.,Ignacio Fernández Toxo,
aceptaría esta revisión do ANC para prolongar a
moderación salarial. Para Lacasa, as "dificultades"
do ámbito económico derivadas das dúbidas sobre
Grecia lastran á baixo as previsións
macroeconómica.
"É unha situación económica difícil e preocupante",
asegura, para despois avanzar que a patronal e os
sindicatos manterán durante esta semana reunións
"técnicas " para determinar o "ámbito económico"
sobre o que fundamentar a moderación salarial para
2013 e 2014.
Sen tocar os beneficios
Iso si, quixo deixar claro que o control de
beneficios esixido polas centrais para subscribir
un pacto de rendas "non pode ser aceptado" pola
CEOE, ao afirmar que sería "contranatura" ao modelo
económico. Asegura que tamén sería "difícil" que os
empresarios contemplen o control de prezos nalgúns
alimentos básicos, aínda que si están abertos a
abrir un debate fiscal.
O secretario xeral da patronal insiste en que a
consolidación fiscal pasa por un "recorte
importante e doloroso" dos gastos correntes, en
lugar de centrar o axuste no gasto de investimento.
Así mesmo, esixe non subir impostos" para evitar
"correr o risco" de paralizar "aínda máis" a
actividade económica.
"Non queremos parches nin medias tintas", afirmou
nunha advertencia ao Goberno que saia das eleccións
xerais do 20-N, ao tempo que avisa de que "aínda
queda moito" por facer no mercado laboral.
Neste sentido, mostrou a "insatisfacción" da
patronal pola reforma da negociación colectiva
malia a suspensión do límite de encadeamentos de
contratos temporais.
Son insaciables, sempre quererán máis.Temos que
determinar o que facemos, ou asentimos como
cordeiros ou actuamos en consecuencia defendendo os
avances que tanto custou alcanzar.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript