setembro de 2011
 
 

03/10/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Michael Moore, aos indignados que acampan en Wall Street: 'Estafáronvos, deben pagar'

O cineasta Michael Moore visitou os manifestantes acampados dende hai dez días en Wall Street para protestar contra a "avaricia" do sistema financeiro, e afirmou que os responsables de ter "estafado" a unha xeración enteira de estadounidenses deben "render contas" ante a xustiza.

 

  • Noticias relacionadas

O director de cine informou na súa páxina web que visitou os manifestantes na praza Liberty, no sur de Nova York, onde pronunciou un discurso no que dixo que quere ver "esposados e levados ante a xustiza" os responsables de ter "destruído" as vidas de "millóns de persoas".
 
"Chegou a hora de facer pagar os ricos. Que paguen impostos! (...). Son ladróns, gángsters, cleptómanos. Intentaron quitarnos a nosa democracia e convertela en hipocrisía", dixo o cineasta entre as aclamacións dos manifestantes, aínda que non puido usar un megáfono porque a Policía de Nova York prohibiu o seu uso.
 
Moore, quen arremeteu contra o sistema financeiro de Estados Unidos no seu documental 'Capitalism: A Love Story' (2009), relatou tamén como hai once anos el mesmo tamén foi detido en Wall Street cando rodaba un vídeo musical para o grupo de rap metal Rage Against The Machine.
 
"Eu tamén fun arrestado aquí", comentou o cineasta, quen asegurou que "dentro de cen anos, a xente recordará que baixastes a esta praza para iniciar este movemento" contra "400 persoas que cren que o poder vén das contas bancarias".
 
A visita de Moore aconteceu días despois de que a Policía de Nova Yorkdetuviera a uns 80 membros do colectivo "Occupy Wall Street" por bloquear o tráfico e resistirse á autoridade cando se manifestaban na praza de Union Square no sur de Manhattan.
 
Algúns dos activistas, que levan acampados en pleno corazón financeiro da Gran Mazá dende o pasado 17 de setembro, denunciaron que os axentes os regaran con gas pementa.
 
A maioría dos "indignados" están atrincheirados en dous parques privados preto de Wall Street, onde os donos lles permiten quedarse, aínda que ata 16 membros do movemento foron arrestados a semana pasada por facer pintadas ou levar máscaras como a que aparece na película 'V de Vendetta' (2006).
 
Segundo detallou a Efe unha voceira oficial, unha lei do estado de Nova York que data de 1845 prohibe que dúas ou máis persoas leven máscaras nunha mesma concentración.
 
O pasado martes foi un dos días máis axitados dende que comezou a protesta, pois a Policía desaloxou pola forza parte do campamento dos manifestantes, aos que non se lles permitiu montar tendas de campaña nin estender sacos de durmir e detivo a un total de nove persoas.
 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript