O Consello de Goberno do día 29 deixounos o mesmo menú que todos os anteriores: máis prazas e promocións de PDI mentres que a RPT de PAS laboral se remite á aprobación do plan de sustentabilidade, é dicir, para as rebaixas de xaneiro cando menos. Polo medio unha degustación-aprobación dun regulamento electoral feito ás presas, feito ás costas da Comisión Electoral e onde o PAS segue a ser “tutelado” polo PDI (e iso que estes ían facer moito polo PAS).
O xoves día 29 o Consello de Goberno aprobou un novo regulamento electoral xeral que, feito a dous meses de acabar o mandato non fai máis que levantar as sospeitas da comunidade universitaria. Polo seu carácter xeral e porque non adianta na consideración do noso colectivo ao que se segue “tutelando” mereceu o voto negativo da representación do PAS e consideramos que se debe tratar de xeito específico.
O luns 3 de outubro a CUT estará de novo nas rúas, desta vez respondendo ao ataque despótico do neoliberalismo. A convocatoria parte da Federación Sindical Mundial (FSM), e o noso sindicato, como membro de pleno dereito desta organización, secunda esta convocatoria.
O cineasta Michael Moore visitou os manifestantes acampados dende hai dez días en Wall Street para protestar contra a "avaricia" do sistema financeiro, e afirmou que os responsables de ter "estafado" a unha xeración enteira de estadounidenses deben "render contas" ante a xustiza.
Os cidadáns gastarán en 2011 na cesta da compra unha media de 400 euros menos que o ano pasado como consecuencia da crise económica, unha crise que non impediu que as principais cadeas subisen os seus prezos, rompendo así unha tendencia que durou apenas dous anos, en 2009 e 2010.
A patronal envalentonada pola nula resposta sindical ás sucesivas medidas que cargan os efectos da crise na clase obreira, quere agora revisar á baixa o acordo nacional de moderación salarial que está en vigor asinado cos sindicatos gobernamentais.
Non haberá cartos para sanidade, para educación, para prestacións sociais… pero si hai cartos para incrementar a plantilla de policías e gardas civís.
As medidas privatizadoras comezan a darlle resultado ás quenllas financeiras. Un de cada seis cidadáns de Galicia xa paga unha póliza para ser atendido en centros privados. O número de asegurados crece a pesar das dificultades económicas das familias.
Falabamos onte da nostalxia da idade dourada, os anos en que estado español era unha festa sen fin. Recordan como eran entón os luns?
O Banco de España deu por finalizado o proceso de recapitalización do sistema financeiro español. Dende 2008 o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) inxectou máis de 21.500 millóns de euros ás caixas de aforros españolas que agora, na súa maioría, xa operan como bancos.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript