setembro de 2011
 
 

03/10/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Os efectivos da Policía e Garda Civil aumentaron un 20% en Galicia

Non haberá cartos para sanidade, para educación, para prestacións sociais… pero si hai cartos para incrementar a plantilla de policías e gardas civís.

 

  • Noticias relacionadas

Disto presume o delegado do goberno Miguel Cortizo e o secretario de Estado de Seguridade, Justo Zambrana que anunciaron o incremento de efectivos de policía e garda civil nun 20% en Galicia.
 
Ou é unha medida preventiva, ao mellor entenden que coa eliminación xeneralizada de postos de traballo e co incremento da precariedade que provocan as políticas dos gobernos estatal e autonómico nalgún momento os índices de “criminalidade” comezarán a incrementarse. Ou é o único xeito que se lles ocorre de crear emprego.
 
Gábanse, estes señores de que "Hay más policías y guardias civiles que nunca en la historia de España", pois xa o sabedes mans arriba e contra a parede.

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript