03/10/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Gastamos 400 euros menos na cesta da compra
Os cidadáns gastarán en 2011 na cesta da compra unha media de 400 euros menos que o ano pasado como consecuencia da crise económica, unha crise que non impediu que as principais cadeas subisen os seus prezos, rompendo así unha tendencia que durou apenas dous anos, en 2009 e 2010.
Estas son algunhas das conclusións principais do
estudo realizado un ano máis, e van 23, pola
Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) sobre
o custo da cesta da compra o que gastamos en
alimentación limpeza e hixiene, que é máis caro no
País Vasco, Canarias, Navarra, Cantabria e
Cataluña, e máis barata en Murcia, Galicia, La
Rioja, Andalucía e Extremadura.
Segundo o estudo, o gasto medio por fogar nunha
cesta da compra tipo, con produtos de marca e
outros frescos, será este ano de 6.804,31 euros de
media, mentres que o ano pasado foi de 7.225 euros.
Nunha cesta das chamadas económicas pola OCU, con
marcas brancas sobre todo, o gasto medio por fogar,
situarase en 4.807,98 euros.
"A guerra de prezos chegou ao seu fin", conclúe a
OCU, ao explicar o porqué da suba de prezos a pesar
da dureza da crise, suba que ademais foi máis
significativa nos produtos de marca branca.
Dependendo onde se compre e por suposto que se
compre, a OCU calcula que o aforro medio dunha
familia pode alcanzar este ano os 1.046 euros, o
que equivale a case dous meses de compra un aforro
que é inferior ao do ano pasado.
O estudo destaca que comprar nun hipermercado é
máis barato no caso dunha cesta tipo, mentres que
para unha económica son as cadeas de desconto as
que ofrecen mellores prezos.
OCU
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript