Agosto de 2011
 
 

03/10/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


O déficit público e a esperanza de vida
A dogmatización do combate contra o déficit público é unha escusa para xustificar un retorno cara ás formas económicas do século XIX. Preténdese a aniquilación do Estado do benestar:
a desaparición da sanidade pública e a seguridade social, o que provocará unha inhumana perda da esperanza de vida.
De feito, nestes momentos sufrimos un sistema cínico e ultraconservador no que as mentiras manipuladoras triúnfan e pasan a converterse en (falsas) verdades absolutas. Estamos gobernados por unha ideoloxía canceríxena que quere o retorno aos privilexios absolutos dunha minoría.
Isto representaría o fin da democracia e da cohesión social e unha brutal perda de esperanza de vida para a maioría dos cidadáns.

 

«Contra natura»
Nos últimos anos, todos os gobernos mimaron os propietarios dos medios de produción coa inxenua intención de que ese trato xeneroso puidese ser compensado con postos de traballo que minguaran as vergonzosas cifras de paro.
Pero nada máis lonxe da realidade. As grandes empresas están afeitas a socializar as perdas e a embolsarse as ganancias, como o pon de manifesto o secretario xeral da CEOE, José María Lacasa, ao rexeitar o control de beneficios que propoñen os sindicatos para repartir esforzos a todos os niveis empresariais, porque di que ese control sería “contra natura”. Iso si, deseguido recalcou que hai que controlar os salarios, que se "nos dispararon" nos últimos anos, " e aí temos que facer un esforzo importante". Propoñer máis esforzos para controlar os salarios si que é “contra natura” e contra a saída da crise.

 

Constitución, vivenda e especulación
O artigo 47 da Constitución de 1978 di que "todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e axeitada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do chan de acordo co interese xeral para impedir a especulación. A comunidade participará nas plusvalías que xere a acción urbanística dos entes públicos".
Un artigo que, á primeira vista, o 80% dos concellos, o 100% das comunidades autónomas e, como mínimo, os dous últimos gobernos (o de Aznar e o de Zapatero) ignoraron.
Non podemos permitir os cidadáns que estes que se pasaron por riba do precepto constitucional, que estrullaron ás caixas de aforros e que permitiron aos bancos realizar unha grande hipoteca xeral do estado e dos seus cidadáns sigan en postos de responsabilidade pública manexando os erarios dos contribuíntes, e mesmo algúns en altos cargos das administracións.


Medidas necesarias ante unha catástrofe social
Ante fenómenos naturais como os terremotos, tsunamis ou furacáns, que poden destruír en cuestión de horas ou minutos edificacións e infraestruturas realizadas durante anos con moito traballo e esforzo, os estados levan a cabo de xeito continuado labores de investigación, control, planificación e regulación co fin de evitar e reducir os daniños efectos derivados destes.
En presenza de comportamentos humanos como a especulación, a indiferenza e a cobiza, que son capaces de desmontar en curtos períodos de tempo o Estado do benestar alcanzado tras séculos dun progreso social non exento de hostilidade, dor e bágoas, tal como está a suceder nestes momentos, están a tomar os gobernos medidas eficaces e adecuadas para protexer os cidadáns e impedir o debilitamento ou deterioración do sistema democrático, de progreso, de xustiza social e de convivencia desenvolvida e posta en marcha ata agora?



 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript