03/10/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Fernández Ordóñez ve ´escandalosa´ a xestión na CAM
Moi mala e escandalosa tivo que ser a xestión na CAM para que o xefe dos mafiosos do estado teña que facer esas declaracións. Considera que é fundamental estabilizar a caixa, botar os administradores e estudar se procede abrir expediente.
O gobernador do Banco de España, Miguel Ángel
Fernández Ordóñez, considerou que a xestión levada
a cabo por executivos da Caixa de Aforros do
Mediterráneo (CAM) foi "escandalosa" e asegurou que
o organismo abrirá expedientes se procede.
"Se me pregunta como persoa, me parece escandaloso,
pero o Banco de España e o Fondo de Reestruturación
Ordenada Bancaria (FROB) o que teñen que facer é
axustarse a dereito no tratamento de todos estes
temas", dixo na rolda de prensa para dar conta da
reestruturación e recapitalización do sistema
financeiro.
O gobernador incidiu en que é fundamental
estabilizar a caixa, botar os administradores e
estudar se procede abrir expediente, cun "coidado
exquisito". Segundo considerou "se reaccionas coas
tripas" neste tipo de asuntos non o farás ben",
aínda que dixo comprender que a xente se
escandalice respecto á xestión da caixa intervida.
Feitas estas declaracións temos que sinalar que
os delincuentes que operaban, e operan,
dentro desta caixa están na rúa e sen ningún cargo
xudicial, mentres o rescate do pufo que deixaron
farémolo entre todos/as.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript