03/10/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Bono partidario de retirar o subsidio por desemprego
O señor José Bono, ese home que amasou a súa fortuna en base ao suor debido ao arduo traballo das campañas electorais (unha cada catro anos, o resto descansou ou lexislou seguindo as indicacións dos mercados internacionais), ese "socialisto" pensa e expresa a quen o queira escoitar que hai que reducir a prestación por desemprego aos parados/as para “animalos” a buscar emprego.
Os parados, esa panda de cinco millóns de
bagos e desagradecidos que aínda por riba seguro
que non votan ao candidato presentado polo PSOE.
Para elo, para apretar aínda máis a soga ao pescozo
dos que xa non teñen nada postula un acordo entre
os dous grandes partidos representativos dos
intereses do capital, seguro que o consegue, para
isto os seus amigos do PP estarán sempre listos e,
si non o fan agora, farano nada máis sentarse na
poltrona da Moncloa.
Este socialista de pro, que se enriqueceu en base á
súa representación pública, quere agora facer
fronte común coa dereita porque tanto a esquerda
coma dereita deben proclamar con moita claridade
que "non podemos gastar moito máis do que temos".
Despois de que chupópteros coma el esquilmasen as
arcas públicas agora hai que aforrar a custa dos
máis desfavorecidos (reflexo da política seguida
polo seu mal chamado partido PSOE).
Bono é, en si mesmo, o exemplo, xunto ao noso
ínclito Paco Vázquez, de cómo un individuo coas
ideas máis reaccionarias se pode facer pasar como
socialista, un vividor da política profesional.
Para o sr. Bono non é que non haxa postos de
traballo é que os parados/as non queren traballar.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript