26/09/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Sans précédent
Sen precedente. Así comenta a prensa económica francesa como proxecta o goberno español limpar de perdas a Caixa de Aforros do Mediterráneo (CAM) con diñeiro público para venderlla á gran banca.
Vendo as cifras con que o Estado está
intervindo a favor destes que provocaron a crise
financeira, parece normal que queiran esfolar vivo
ao público da pé. Pero sinceramente, xa que tanto
se fala da necesidade de recortes: non debería ser
o máis normal que o público se dispuxese a
recortar...a banqueiros e demais ralea? Xa non hai
dúbidas. Vivimos en época de recortes. Só se
discutirá quen manexa as tesoiras.
Aínda que estes días Insurgente xa informou sobre a
noticia, non estaría mal recoller de forma resumida
algúns datos e comentarios aparecidos na prensa
francesa sobre a operación de "saneado" da CAM para
ofrecerlla á gran banca.
A noticia aparece hoxe 20 de setembro en Les Echos
(principal diario de economía francés) con titular
“L'Espagne va garantir les pertes de la CAM à
hauteur de 20 milliards d'euros d'actifs”
(España vai garantir as perdas da CAM ata 20 mil
millóns de euros.)
O xornal comeza dicindo que a factura para salvar á
Caixa de Aforros do Mediterráneo (CAM) ameaza con
ser aínda máis avultada do previsto. Lles Echos
fala de que unha fonte bancaria que tivo acceso ao
protocolo de venda da CAM lle confirmou que o Banco
de España ofrece ao posible comprador desta caixa
un aval de 20 mil millóns de euros ante eventuais
perdas. Logo fala do mecanismo que se utilizaría
para afrontar as potenciais perdas da CAM. O máis
interesante é que se afirma que nunca haberá máis
perdas deses 20 mil millóns de euros que o Banco de
España garante. Ou sexa, que á gran banca que
compre a dita caixa lle sairía redondo o negocio.
Todo un exemplo de como os grandes capitáns da
economía de mercado asumen os riscos dos que tanto
nos falan que hai que asumir para vivir nunha
economía libre.
É practicamente ao final da noticia, cando o xornal
francés fala de que estamos ante un esquema estatal
de protección de perdas bancarias sen precedentes
en España. Pero polo visto, tal esquema de aval
público aínda non "levanta o entusiasmo" de "os
tres primeiros bancos españois Santander, BBVA e
CaixaBank, [considerados] como os únicos que poden
dixerir os 70 mil millóns de euros en activos" que
están en xogo.
Les Echos recorda as outras tres caixas de
aforros que serán reflotadas de aquí ao 30 de
setembro: Novacaixagalicia, Unnim e Catalunya Caixa,
cunhas necesidades de capital de máis de 4,5 mil
millóns de euros. E conclúe dicindo que "contando
coa primeira inxección de fondos públicos na CAM,
España gastou xa 132 mil millóns de euros nas súas
caixas de aforros". (subliñados nosos)
O que non fai o xornal francés (e non precisamente
por diplomatie) é chamar a posibles lectores do
estado español, e de paso tamén a franceses por
aquilo de que "cando vexa as barbas do veciño
recortar... ", o que non fai o xornal francés,
dicimos, é facer un chamamento cargado de razóns
para que non nos cortemos un pelo en inundar as
rúas coas manifestacións contra os recortes en
salarios, condicións laborais, pensións, sanidade,
educación, etc. E que vaiamos cada vez a máis ata
recortar, sen retorno posible, o poder destes
recortadores salvaxes que nos dominan. Nós si o
facemos. Ese chamamento.
Insurgente
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript