setembro de 2011
 
 

26/09/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Grecia, o “rescate” orixina unha catástrofe social sen precedentes

As condicións impostas polo FMI,BCE,UE…para prestar diñeiro ao goberno grego dan pé a unha desfeita social sen precedentes: rebaixa as pensións ata un 40%. Ademais, uns 30.000 funcionarios pasarán este ano ao que denomina "a reserva laboral", o que lles supoñerá unha redución do 60% no seu salario. . Por se fose pouco, terán un ano de marxe para encontrar un novo traballo no sector público ou pasar ao paro. Os sindicatos de Grecia convocaron dous días de folga xeral, o 5 e o 19 de outubro. de euros.

 

  • Noticias relacionadas

O Executivo heleno aprobou onte as medidas de axuste impostas pola Unión Europea (UE), o Banco Central Europeo (BCE) e o Fondo Monetario Internacional (FMI) para recibir os 8.000 millóns de euros correspondentes ao sexto tramo da axuda que necesita para evitar a quebra do país. É o resultado de dous días de negociacións entre o Goberno grego e a troika, como se coñece os delegados dos organismos internacionais encargados de revisar o cumprimento dos recortes e de dar o visto e prace á entrega do rescate pactado para o país.
 
A letra pequena dos recortes especifica que os xubilados con menos de 55 anos perderán un 40% do importe das súas pensións e que se aplicará un imposto á propiedade inmobiliaria que gravará con entre 0,50 e 16 euros o metro cadrado ata o 1 de xaneiro de 2014. Tamén se aplicará unha reforma fiscal que obrigará a pagar impostos aos que teñan ingresos de máis de 5.000 euros anuais, fronte aos 8.000 que marcan agora o mínimo para tributar.
 
O Executivo socialdemócrata tamén anunciou, tras unha reunión de seis horas do consello de ministros, un novo sistema de salarios "transparente, fiable e xusto" no sector público e a privatización de farmacias, taxis, avogacías ou notarías.
 
Nos últimos dous anos, o Goberno socialdemócrata reduciu o sector público en 200.000 funcionarios, entre xubilacións non cubertas e despedimentos de empregados públicos con contratos temporais, segundo o secretario de Estado, Angelos Tolkas,
 
O propósito é o de suprimir outros 150.000 cara a fins de 2015, como se comprometera Grecia o pasado xullo ante os seus socios europeos e o Fondo Monetario Internacional (FMI) a cambio de recibir un segundo paquete de axuda de 160.000 millóns de euros.
 
Grecia debe de cumprir coas medidas anunciadas para reducir o seu déficit a 17.100 millóns de euros este ano, e deixalo en torno ao 7,6% do PIB.
 
Os acredores subliñan que é indispensable que Grecia avance co ambicioso programa de reformas estruturais, segundo declararon onte en Atenas altos funcionarios do FMI.
 
Se cumpre esas condicións, Atenas recibiría os 8.000 millóns de euros do sexto tramo do primeiro rescate aprobado hai un ano e medio por valor de 110.000 millóns
 
Os medios gregos citan hoxe fontes próximas á reunión para informar de que se puxo sobre a mesa o inmediato despedimento de 25.000 funcionarios públicos con contratos temporais, o que supoñería un aforro ás arcas públicas de 1.000 millóns de euros.
 
Segundo o xornal Elefterotipia, sumaríanse outros 100.000 funcionarios nun estado previo ao despedimento, e a posta en práctica a partir do 1 de outubro dun sistema común de remuneracións no sector público que reducirá os gastos estatais nun 25%.
 
Tamén se recomendan recortes en xubilacións e o peche inmediato duns 60 organismos públicos, así como o desenvolvemento dun gran programa de privatizacións que debería de traer 5.000 millóns de euros en 2011 e un total de 50.000 millóns ata 2015
 
Os voitres capitalistas que se enriqueceron provocando a crise, faranse máis ricos coa saída que se lle está a dar.
 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript