26/09/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O 97% dos cidadáns oponse aos recortes en Sanidade e Educación
Do estudo realizado pola Axencia Estatal de Avaliación das Políticas Públicas e a Calidade dos Servizos (AEVAL) organismo dependente do Ministerio de Política Territorial e Administración Pública., destaca que máis do 97 por cento dos cidadáns está en contra de aplicar recortes en Sanidade, Educación ou Seguridade Social, mentres que ao redor da metade vería con bos ollos unha redución do gasto en materia de Defensa.
A práctica totalidade dos cidadáns amósanse
contrarios á redución das partidas orzamentarias
destinadas aos servizos que conforma o núcleo máis
importante do estado de benestar.
Unha gran cantidade dos enquisados
(50%)consideraron que os recursos destinados a
sanidade, educación, protección ao desemprego… son
“moi poucos”
A mesma porcentaxe amósase partidaria da redución
dos gastos militares.
Os servizos mellor valorados son o transporte
público, o ensino e a sanidade, no extremo oposto
están a administración de xustiza e a xestión do
paro.
Os funcionarios nos que máis confía a cidadanía son
bombeiros, médicos e docentes, no lado contrario
están os xuíces e inspectores de facenda.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript