26/09/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O PAS na Memoria de Responsabilidade Social Universitaria
Ao entrar na páxina
principal da UDC encontrámonos cunha imaxe que
enlazaba á
Memoria de Responsabilidade Social Universitaria.
Entre outros apartados, define grupos de interese
como destinatarios da RSU, polo que hai un apartado
relativo aos PAS que merece ser comentado.
Non sabemos quen fixo esta parte, pero nin
coñece ao colectivo nin sabe
do que fala, confundindo
servizos que presta o PAS con servizos orientados
ao PAS, confunde funcionarios con laborais, e di
cousas como que a UDC procura sacar as prazas de
PAS cada ano, que os PAS teñen a súa disposición a
asesoría xurídica, ou que UGT e USO non teñen
representación nos PAS. En ocasións pega parágrafos
do convenio colectivo tal
cal, que aplica aos funcionarios como se foran
laborais, e quedando sen moito sentido o texto.
De non ser polo penoso da situación case que é
divertido ler este documento.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript