Número 102 - 26 de setembro de 2011
 
 
UNIVERSIDADE

    Como na práctica totalidade dos Consellos de Goberno, abordaranse temas institucionais e de interese do PDI.
     
    Está claro que este equipo reitoral deixará podrecer os temas transcendentes para o colectivo, abandonándoos enriba da mesa para ser atendidos, se é o caso, polos que ocupen os seus postos, semella que entenden que non van ser eles, xa se apañarán os que veñan.
     
    Como sabes temos prohibida a difusión do desenvolvemento dos puntos que se van a tratar a través de internet. Se tés interese nalgún dos puntos ponte en contacto para enviarche a información detallada.

UNIVERSIDADE - PAS LABORAL

    Nas asembleas recentemente realizadas solicitamos o voso apoio para a correcta realización dos cursos de perfeccionamento, agora aportamos unha listaxe coas convocatorias realizadas e os cursos en preparación. Reiteramos a solicitude de colaboración feita.

UNIVERSIDADE

    Ao entrar na páxina principal da UDC encontrámonos cunha imaxe que enlazaba á Memoria de Responsabilidade Social Universitaria. Entre outros apartados, define grupos de interese como destinatarios da RSU, polo que hai un apartado relativo aos PAS que merece ser comentado.

O 15M COMPROMETIDO CO ENSINO PÚBLICO

    A Rede de Asembleas de Vilas e Barrios da Coruña, integrada no 15M convoca unha charla-concentración na Praza de Pontevedra o luns día 26 ás 19:30 horas. Con este acto preténdese dar apoio ás mobilizacións que o persoal do ensino non universitaria ven desenvolvendo en protesta contra os recortes que a Xunta está a aplicar no ensino público. Porque o ensino público é cousa de todos/as!. ASISTE!!!.

OPINIÓN Vicenç Navarro

    Este artigo analiza as causas da crise económica e financeira existente na maioría de países da OCDE incluíndo o Estado Español, subliñando que o descenso moi marcado das rendas do traballo e o crecemento moi acentuado das rendas do capital foron factores determinantes de tal crise.

CRISE

    A troika (BCE, FMI e Bruxelas) entregaron en Atenas un documento con quince puntos. Son as quince medidas de severo recorte orzamentario que ten que executar para recibir o segundo rescate, de máis de 100.000 millóns de euros.

CORRUPCIÓN

    O alcalde do municipio ourensán de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, acordou esta semana en pleno, grazas á maioría absoluta do PP, subirse o soldo 14.404 euros ao ano con respecto ao anterior mandato. Unha medida que xustifica na dedicación exclusiva que lle prestará ao Concello, en lugar da parcial que tiña dende que chegou á alcaldía en 1991.

PARA A BANCA SEMPRE HAI DIÑEIRO

    Na edición de setembro do seu Informe de Estabilidade Financeira Mundial (GFSR polas súas siglas en inglés), o FMI aclara que esta estimación non ten en conta as necesidades de capital dos bancos, para o que sería necesario levar a cabo unha avaliación completa dos balances e as posicións de ingresos, senón que busca dar unha idea do aumento do risco de crédito soberano experimentado polos bancos nos últimos dous anos

OPINIÓN - ISAAC ROSA

    Por se os pais non tiñamos bastante coas preocupacións habituais do comezo do curso, o que arranca chega quente. Os de secundaria vanse encontrar con institutos en pé de guerra, pancartas, profesores con camisetas reivindicativas e asembleas, á parte de varios días de folga. E non só secundaria: os doutros niveis solidarízanse, e en moitos colexios de primaria tamén haberá actos informativos para os pais.

    
  •   
 
 ESTADO - ENQUISA
    Do estudo realizado pola Axencia Estatal de Avaliación das Políticas Públicas e a Calidade dos Servizos (AEVAL) organismo dependente do Ministerio de Política Territorial e Administración Pública., destaca que máis do 97 por cento dos cidadáns está en contra de aplicar recortes en Sanidade, Educación ou Seguridade Social, mentres que ao redor da metade vería con bos ollos unha redución do gasto en materia de Defensa.
 REPRESIÓN SINDICAL
    Na mañá do día 12, dúas compañeiras da sección sindical que a CUT mantén na sede compostelana da multinacional NH Hoteles España SL (NH Obradoiro) recibiron a carta de despedimento, nunha estratexia manifesta de persecución sindical que procura o esfarelamento do traballo que esta sección sindical leva desenvolvendo contra as condutas e decisións antiobreiras desta empresa.
 PENSIÓNS

    Segundo datos do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Galicia continúa en setembro á cola do Estado en pensión media, cunha prestación de 676,49 euros, fronte aos 807,64 euros que cobran de media no resto de comunidades o que supón 131 euros menos.

 CRISE
    Un estudo publicado pola Fundación "La Caixa" mostra a importancia da familia en tempos de crise.
    CRISE - GRECIA
    As condicións impostas polo FMI,BCE,UE…para prestar diñeiro ao goberno grego dan pé a unha desfeita social sen precedentes: rebaixa as pensións ata un 40%. Ademais, uns 30.000 funcionarios pasarán este ano ao que denomina "a reserva laboral", o que lles supoñerá unha redución do 60% no seu salario. . Por se fose pouco, terán un ano de marxe para encontrar un novo traballo no sector público ou pasar ao paro. Os sindicatos de Grecia convocaron dous días de folga xeral, o 5 e o 19 de outubro.

     

 CAM - CAIXA DE AFORROS DO MEDETARRANEO
    Sen precedente. Así comenta a prensa económica francesa como proxecta o goberno español limpar de perdas a Caixa de Aforros do Mediterráneo (CAM) con diñeiro público para venderlla á gran banca.
 INTERNACIONAL
    Tras catro meses de folga estudantil, con adolescentes en folga de fame, un neno de 16 anos baleado pola policía e continuas marchas de miles de manifestantes, o respaldo ao mandato de Piñera caeu a mínimos históricos.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

     

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

    Reunión o 28/09/2011

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 
CONTRA O PACTO SOCIAL
O XORNAL - información obreira
O IMPERIALISMO NON PASARA!!
NON AS NUCLEARES
8 DE MAIO, CONTRA O SAQUEO DA NOSA TERRA

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript