setembro de 2011
 
 

26/09/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Non é (só) cousa de profesores

Por se os pais non tiñamos bastante coas preocupacións habituais do comezo do curso, o que arranca chega quente. Os de secundaria vanse encontrar con institutos en pé de guerra, pancartas, profesores con camisetas reivindicativas e asembleas, á parte de varios días de folga. E non só secundaria: os doutros niveis solidarízanse, e en moitos colexios de primaria tamén haberá actos informativos para os pais.

 

  • Noticias relacionadas

Xa verán o que tardan en saír os habituais mamporreros sinalando a irresponsabilidade dos docentes, o dano á educación o atraso dos alumnos as incomodidades para as familias, a ver se conseguen fracturar a comunidade educativa, pois a estratexia sempre é a mesma: divide e vencerás, e para iso o mesmo serve machucar coa campaña mediática como buscar a división sindical, e por suposto lograr o rexeitamento dos cidadáns afectados, xa sexan viaxeiros de Metro ou, neste caso, pais e alumnos.
 
Non obstante, debería acontecer o contrario: que a comunidade educativa se unise en defensa dos profesores, porque en realidade non estamos a falar das súas condicións laborais, non só, senón do sistema educativo que queremos. E ninguén que coñeza minimamente como están hoxe os centros pode crer que o ensino non se resentirá, ou que, mesmo como sostén Aguirre, vai estar mellor que nunca.
 
Ademais de defender o ensino público, debemos ver o conflito como unha trincheira que, se non a defendemos ben, facilitará outros ataques: se se saen coa súa con estes primeiros recortes en educación, despois virán máis, e logo en sanidade (que xa empezaron en Cataluña) e en calquera gasto social.
 
Así que xa saben: o que nos prexudica aos pais non é a folga, senón as medidas que deterioran a educación. E contra esta ofensiva, os profesores sós non poden, necesitan que todos esteamos detrás, ao seu lado, non en fronte, como pretenden algúns.
 

 

Isaac Rosa

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript