setembro de 2011
 
 

26/09/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

O alcalde de Cea sóbese o soldo un 70% para paliar a súa baixa na Deputación

O alcalde do municipio ourensán de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, acordou esta semana en pleno, grazas á maioría absoluta do PP, subirse o soldo 14.404 euros ao ano con respecto ao anterior mandato. Unha medida que xustifica na dedicación exclusiva que lle prestará ao Concello, en lugar da parcial que tiña dende que chegou á alcaldía en 1991. Os sindicatos de Grecia convocaron dous días de folga xeral, o 5 e o 19 de outubro. de euros.

 

  • Noticias relacionadas

A decisión, cuestionada con dureza pola oposición debido á actual situación económica, permitiralle cobrar ao mes 1.800 euros netos, aínda que Valladares explica: «Desa cantidade hai que rebaixar entre 400 e 500 euros ao mes de dietas e de quilómetros, que nunca lle pasei ao Concello, cando debido á realización de xestións municipais me desprazo con asiduidade a Ourense ou a Santiago».
 
Unhas explicacións que, non obstante, non convencen en absoluto a oposición. Guillermo Fernández, voceiro socialista, considera «escandalosamente escandalosa» a medida, e José Mosquera, edil nacionalista, vea cando menos «inoportuna». Ambos os dous coinciden en indicar que coa suba (pasará a cobrar 34.004 euros anuais fronte aos 19.800 que percibía, un 70% máis) busca compensar a perda do cargo de deputado provincial, que ocupou durante 12 anos. Unha crítica que o alcalde nega: «Se fose así teríame quedado curto porque na Deputación cobraba máis». Arremeteu ademais contra o edil e secretario comarcal do PSOE xa que cobrará como deputado provincial case tanto como el, despois, di, dun gran fracaso electoral.
 
O rexedor de Cea, un municipio con 2.600 habitantes, cobrará máis da metade do que algúns dos alcaldes das principais cidades galegas -66.881 o de Lugo, 65.220 o da Coruña ou 65.219 o de Vigo- superado, iso si, no rural polo da Merca, que chega a 58.497 con 2.244 habitantes..
 

 

La Voz de Galicia

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript